InicioCULTURAO Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

A sesión do II Ciclo ‘Cinema galego do século XXI’ celebrarase este martes ás 19:00 na rúa do Vilar e incluirá un encontro co público tras a proxección

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película Arima, dentro do II Ciclo ‘Cinema galego do século XXI’ que organiza o Cineclub Ateneo. A sesión terá lugar en Afundación (rúa do Vilar, 19), e contará coa presentación e comentario da actriz protagonista, Melania Cruz, quen participará nun coloquio aberto ao remate do pase.

Dirixida por Jaione Camborda, Arima propón un relato de atmosfera envolvente no que a vida de catro mulleres e unha nena se ve alterada pola chegada de dous forasteiros a unha localidade indeterminada. O filme sitúase entre o real e o imaxinado, construíndo unha narrativa que transita pola fronteira entre o soño e o pesadelo, cunha posta en escena suxestiva e cargada de simbolismo que explora o medo e o desexo.

A sesión permitirá tamén achegarse á traxectoria profesional de Melania Cruz, unha das intérpretes máis recoñecidas do audiovisual e do teatro galego contemporáneo. Formada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, a actriz desenvolveu unha intensa carreira escénica e cinematográfica, avalada por múltiples recoñecementos, entre eles os Premios María Casares e os Premios Mestre Mateo.

Tras a proxección, a protagonista compartirá reflexións sobre o proceso creativo de ‘Arima’ e sobre a súa experiencia no filme, nun encontro co público que completa a proposta do Cineclub Ateneo para esta semana dentro do seu ciclo dedicado ao cinema galego do século XXI.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

Cineuropa inaugura este venres a súa 40ª edición en Santiago con máis de 150 películas e 17 días de programación

O festival Cineuropa inicia este venres, 6 de novembro, a súa 40ª edición en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here