InicioCULTURASantiago reivindica a presenza das súas parroquias no inicio do entroido dos...

Santiago reivindica a presenza das súas parroquias no inicio do entroido dos Xenerais da Ulla en Silleda

A concelleira de Festas destaca o valor da tradición oral e do humor popular nun entroido recoñecido como Ben de Interese Cultural

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela participou este venres no acto de presentación do entroido dos Xenerais da Ulla, celebrado en Silleda, unha cita que marcou o inicio oficial desta celebración tradicional na comarca da Ulla. No encontro estivo presente a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, quen puxo en valor a implicación das parroquias compostelás nesta manifestación festiva.

Durante a súa intervención, Lueiro lembrou que Santiago está representado no entroido dos Xenerais da Ulla a través das parroquias de Marrozos, San Gróvio, Aríns e O Eixo, que manteñen viva esta tradición ano tras ano. A edil subliñou que se trata dunha festa “na que se pon en valor a tradición oral” e que funciona como un espazo de encontro comunitario no que o humor e a crítica popular ocupan un lugar central.

A responsable municipal de Festas destacou tamén o recoñecemento institucional acadado recentemente por este entroido, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2025, un feito que, segundo indicou, supón “un motivo de orgullo colectivo” tanto para os territorios da Ulla como para as persoas que traballan na súa conservación e transmisión.

Desde o Concello de Santiago salientan que a participación das parroquias no entroido dos Xenerais da Ulla reforza os vínculos culturais entre a cidade e a súa contorna rural, ao tempo que contribúe á preservación dun patrimonio inmaterial baseado na oralidade, a música, a sátira e a participación veciñal.

O entroido dos Xenerais da Ulla desenvolverase nas vindeiras semanas en distintos puntos da comarca, cun calendario de desfiles e atranques nos que se combina a tradición histórica coa actualización de contidos ligados á actualidade social e política.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here