InicioCULTURA2026 arrinca no Museo do Pobo Galego con novas exposicións e presentacións...

2026 arrinca no Museo do Pobo Galego con novas exposicións e presentacións editoriais

A programación inclúe a inauguración dunha mostra internacional sobre máscaras, as últimas visitas á exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas e dúas presentacións de libros, ademais de información sobre horarios e actividades escolares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego inicia o ano 2026 cunha programación marcada polas exposicións temporais, a divulgación cultural e as actividades abertas ao público, con propostas que se desenvolverán ao longo do mes de xaneiro.

INAUGURACIÓN DUNHA MOSTRA INTERNACIONAL SOBRE A MÁSCARA

A principal novidade do mes será a inauguración da exposición Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II, que terá lugar o xoves 29 de xaneiro ás 19:00, no claustro alto do museo. A mostra propón unha aproximación ao significado simbólico, artístico e social da máscara, a través dunha selección de pezas procedentes de máis de corenta países reunidas polo coleccionista e viaxeiro Nacho Rovira, combinadas con máscaras galegas, incluídas varias pertencentes aos fondos do propio museo.

A exposición poderá visitarse até abril de 2026 e insírese nun proxecto de investigación e divulgación impulsado pola Universidade de Valladolid, a través da súa Cátedra de Estudos sobre a Tradición, coordinada pola profesora Pilar Panero. Este traballo forma parte, ademais, do proxecto europeo Unveiling the Arts and Works behind the Masks, promovido pola European Education and Culture Executive Agency.

Arquivo - Cartel da exposición - Museo do Pobo Galego
Arquivo – Cartel da exposición – Museo do Pobo Galego
DERRADEIROS DÍAS DO PROXECTO DIDÁCTIVO ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Durante os primeiros días de xaneiro aínda poderá visitarse a exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, que permanecerá aberta até o domingo 4 de xaneiro. A mostra reúne os traballos gañadores da XIII edición destes premios, centrados na investigación e difusión do patrimonio cultural desde os centros educativos galegos.

Entre os proxectos expostos atópanse Viva o Entroido vivo! Lingua, festa e comunidade, desenvolvido polo CEIP Lamas de Abade, o CEIP Apóstolo Santiago, de Santiago de Compostela, e o CEIP Pérez Viondi, da Estrada; así como A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes: o caso de Burela, elaborado polo IES Monte Castelo. O proxecto está promovido pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua.

CONTINÚA A EXPOSICIÓN DAS ESTATUAS DO MESTRE MATEO

Ao longo de todo o mes de xaneiro tamén poderá visitarse a exposición temporal dedicada á restitución das estatuas do Mestre Mateo, que permanecerá no museo até o 31 de maio de 2026. A mostra reúne as esculturas de Xeremías e Ezequiel, recuperadas polo Concello tras o seu espolio durante o franquismo.

Instalada na ala sur do museo, a exposición inclúe unha liña do tempo sobre a historia das pezas e un audiovisual vinculado ao proxecto KosmoTech_1200, desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela e polo CISPAC, centrado na reconstrución do coro do Mestre Mateo e do conxunto do Pórtico da Gloria. Todo o contido conta con materiais de accesibilidade cognitiva, elaborados coa colaboración da Federación Autismo Galicia.

https://www.g24.gal/prog24/2025/20250709/estatuasmestremateoeuropapress.jpg
Arquivo – Estatuas de Ezequiel e Xeremías – Museo do Pobo Galego
PRESENTACIÓNS NO MUSEO

A programación complétase con dúas presentacións de libros abertas ao público. O xoves 8 de xaneiro ás 19:00, na sala de actividades, terá lugar a presentación de ‘Kuna Art Guna Art: The Remarkable Early Creations of a Central American Indigenous Culture’, unha obra colectiva sobre a cultura Guna de Panamá. O acto contará coa participación do antropólogo Xerardo Pereiro e do coautor Cebaldo De León.

Posteriormente, o martes 13 de xaneiro ás 19:00, presentarase o libro Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega, da autora Lidia Mariño Ventoso. No acto intervirán, xunto á autora, Elvira Carregado Pazos, presidenta da Fundación Vicente Risco, e Concha Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.

HORARIOS E PROGRAMACIÓN ESCOLAR

O museo lembra tamén os horarios especiais destas datas: o 1 de xaneiro permanecerá pechado; o 6 de xaneiro abrirá como festivo, de 11:00 a 14:00; e o 5 de xaneiro, luns, manterase pechado, como é habitual. O resto dos días manterase o horario ordinario.

No ámbito educativo, o Museo do Pobo Galego presentou a súa programación escolar para o segundo e terceiro trimestre do curso 2025-26, que xirará arredor do Entroido e da exposición sobre máscaras, con actividades adaptadas a todos os niveis, visitas comentadas e a celebración da sección escolar da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, MICE Petís, entre finais de febreiro e comezos de marzo.

ÚLTIMAS

Ordenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira semana

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 ordenou que a semana próxima semana leve...

Aitor Bouza reclama a dimisión do xerente do Sergas polo colapso das urxencias do CHUS

O deputado socialista no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG-PSOE en Santiago,...

O Concello publicará no BOP a nova documentación da zona residencial tensionada

O Concello de Santiago publicará o vindeiro luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP)...

As non adscritas cuestionan a previsión de ingresos por multas nos orzamentos de Santiago

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago de Compostela mantiveron este luns unha...

A Galería Luisa Pita inaugura a exposición colectiva ‘Convivencias’ con catro artistas contemporáneas

A Galería Luisa Pita acolle desde este venres 16, ás 20:00, a exposición colectiva...

O coloquio de ‘Ons’ no cineclub do Ateneo afonda no illamento emocional e na linguaxe cinematográfica da película

O cineclub do Ateneo de Santiago acolleu na tarde do martes a proxección da...

A Banda Municipal de Música de Santiago inicia a segunda parte da tempada con doce concertos ata maio

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este martes a segunda parte...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here