InicioCULTURAATEGAL pon en marcha unha aplicación móbil para centralizar recursos e actividades...

ATEGAL pon en marcha unha aplicación móbil para centralizar recursos e actividades para persoas senior en Santiago

A ferramenta dixital permite consultar programación ocupacional, cultural e de ocio para maiores de 55 anos e amplíase a outras localidades galegas

Publicado o

Xornal de Compostela

As persoas maiores de Santiago contan dende hoxe cun novo espazo dixital deseñado especificamente para elas. A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL, vén de lanzar unha aplicación móbil gratuíta que reúne actividades ocupacionais, culturais e de ocio, así como outros recursos de interese dirixidos á poboación maior de 55 anos.

A aplicación xa se pode descargar en dispositivos iOS e estará dispoñible para Android a partir deste martes, 31 de decembro. O proxecto conta co apoio económico da Consellería de Política Social e Igualdade, dependente da Xunta de Galicia.

A través desta ferramenta, as persoas usuarias poden consultar dende o móbil a oferta de actividades de ATEGAL, aplicando filtros por día, cidade ou área temática, entre as que se inclúen os ámbitos cultural, ocupacional, saúde e ocio. Ademais de Santiago de Compostela, a aplicación incorpora información doutras localidades galegas nas que a entidade desenvolve a súa actividade, como A Coruña, Ferrol, Lalín, Monterroso, Ourense, Padrón e Vigo.

Cada actividade inclúe unha descrición detallada e os datos de contacto da entidade organizadora, o que converte a aplicación non só nun calendario actualizado, senón tamén nun repositorio que facilita a comunicación directa para resolver dúbidas ou ampliar información.

Xunto á programación propia, a aplicación incorpora tamén unha relación de entidades e organismos de utilidade para as persoas senior, atendendo ás súas necesidades asistenciais, informativas e culturais. Entre os recursos xa dispoñibles figuran universidades de maiores e entidades sociais como Afaga ou Afundación, cada unha delas cunha breve presentación e unha vía de contacto.

Dende ATEGAL sinalan que o lanzamento da aplicación é só un primeiro paso e que o traballo continúa coa incorporación progresiva de novos contidos e recursos. O obxectivo é que as persoas usuarias dispoñan nun único espazo dixital dunha compilación actualizada de información útil, accesible e pensada especificamente para favorecer o envellecemento activo, a participación social e a formación continua da poboación maior en Santiago e na súa contorna.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here