InicioCULTURADavid Fiúza será de novo o director da Banda Municipal de Música...

David Fiúza será de novo o director da Banda Municipal de Música de Santiago

A Xunta de Goberno escolle ao músico de Vila de Cruces tras avaliar a súa ampla traxectoria en dirección de bandas municipais e a súa formación especializada

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local aprobou a designación de David Fiuza Souto como novo director da Banda Municipal de Santiago, posto que asumirá en réxime de relación laboral especial de alta dirección. A decisión chega tras o proceso convocado polo Concello, no que se avaliaron criterios de idoneidade, competencia e experiencia profesional, especialmente vinculados á dirección de bandas e ao coñecemento da administración local.

Fiuza acumula unha ampla bagaxe na dirección musical a nivel institucional. Entre 2021 e 2024 exerceu como director titular da Banda Municipal de Santiago, tamén baixo un contrato de alta dirección, ao tempo que desenvolveu funcións semellantes no Concello de Lugo, onde ocupou o posto de director titular da súa banda municipal como funcionario do subgrupo A1. O acordo municipal destaca esta traxectoria en administracións locais como un dos elementos de maior peso na resolución.

O músico de Vila de Cruces ten dirixido, ademais, numerosas formacións fóra do ámbito municipal, desde a Banda Unión Musical de Meaño, a Mallorca Saxophone Ensemble ou a banda sinfónica do CIM ‘La Armónica’ de Buñol, ata agrupacións galegas como a da Federación Galega de Bandas, a Banda Artística de Merza ou a Banda de Lalín. A isto súmanse cargos actuais en agrupacións como a Gran Canaria Wind Orchestra (dende 2017), a Banda Sinfónica Galega (desde 2022), o Ensemble Galego de Saxofóns e o Arundo Donax Ensemble.

O seu perfil compleméntase cun longo historial como director convidado, no que destaca a colaboración coa Banda Municipal da Coruña, con arredor de 40 concertos realizados, así como direccións en orquestras e grupos de cámara.

No plano académico, Fiuza conta con titulación superior en Dirección, en Clarinete e no grao “Bachelor” de dirección de banda, xunto con máis de 700 horas de formación específica en materias relacionadas coa dirección orquestral e de banda. Tamén desenvolveu tarefas docentes, entre elas a de profesor titular da Escola Galega de Dirección de Banda.

Segundo recollen as bases da convocatoria, a resolución tivo en conta competencias directivas, formación específica e experiencia profesional acreditada no ámbito das bandas municipais. Ao dispor do currículo “máis idóneo” entre as candidaturas presentadas, o executivo local acordou finalmente a súa designación para retomar a dirección da agrupación compostelá.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

‘Artesanamente’ reunirá en Santiago máis de 40 marcas e levará os oficios tradicionais á rúa

Santiago de Compostela volverá converterse durante tres días nun escaparate para os oficios tradicionais,...

A Xunta e a USC lanzan a segunda edición das Residencias ArtLab IGFAE para conectar arte e física

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela abriron a segunda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here