InicioCULTURAA décima Gala aRimar unirá en Santiago as voces de Galiza e...

A décima Gala aRi[t]mar unirá en Santiago as voces de Galiza e Portugal

O Auditorio de Galicia acollerá o 30 de outubro a entrega dos premios que recoñecen a Mondra, Diogo Piçarra, Elba Pedrosa, Cátia Cardoso e o Municipio de Braga

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación oficial da décima edición da Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal, un proxecto cultural que desde hai unha década promove o encontro entre a creación artística galega e portuguesa a través da música e da poesía. O acto contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín, do director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago e coordinador do proxecto, Gonzalo Constenla, do secretario xeral da Lingua, Valentín García, da poeta e xornalista Elba Pedrosa, e de Vítor Belho, en representación de Nordesía Producións.

Durante a rolda de prensa, as intervencións coincidiron en destacar o valor educativo, cultural e simbólico desta iniciativa que comezou na EOI compostelá e que hoxe conta con máis de 12.000 votos cidadáns nas súas eleccións anuais. Constenla subliñou que aRi[t]mar é un “proxecto pedagóxico que trascendeu os muros da escola e que fomenta o vínculo emocional e artístico entre Galiza e Portugal”.

A premiada Elba Pedrosa expresou que “a gala pon o foco na diferenza e une os pobos”, mentres que Valentín García destacou que “o prestixio da lingua aumenta cando somos recoñecidos noutros territorios e dialogamos coa lusofonía”. Pola súa parte, a alcaldesa de Santiago afirmou que “a cidade é un lugar especial para a promoción da lingua galego-portuguesa e un espazo onde música e literatura se entrelazan desde o movemento estudantil, facendo de aRi[t]mar un proxecto forte e vivo”.

A Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal 2025 celebrarase o xoves 30 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, con entrada libre e gratuíta até completar aforo. O espectáculo estará conducido por Tati Moyano e Xurxo Souto e incluirá as actuacións de Mondra (Mellor Canción Galega), Diogo Piçarra (Mellor Canción Portuguesa), Elba Pedrosa (Mellor Poesía Galega) e Cátia Cardoso (Mellor Poesía Portuguesa). Ademais, o Municipio de Braga recibirá o Premio Especial do Xurado como cidade convidada nesta edición conmemorativa.

Con motivo do décimo aniversario, a organización elaborou tamén unha publicación retrospectiva que recolle a traxectoria do proxecto e homenaxea aos artistas premiados nas edicións anteriores, consolidando a Santiago de Compostela como punto de encontro da cultura galego-portuguesa.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here