InicioCULTURA‘Sitios’ arrinca en Conxo cunha aposta pola creación audiovisual e a inclusión...

‘Sitios’ arrinca en Conxo cunha aposta pola creación audiovisual e a inclusión social

O programa de Barraca XXI proxectará curtametraxes e longametraxes no CSC Aurelio Aguirre e no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto ‘Sitios’, impulsado por Barraca XXI, busca diluir a fronteira entre o Hospital Psiquiátrico de Conxo e a veciñanza a través da arte e a creación audiovisual. A iniciativa, que conta coa colaboración do centro sociocultural do barrio, pretende achegar á cidadanía procesos de creación inclusivos, nos que participan usuarios e usuarias do hospital e o público xeral.

A programación dará comezo o martes 30 de setembro ás 18:00 no CSC Aurelio Aguirre, cunha sesión de curtametraxes das autoras Alicia Úbeda, Diana López e Lucía Estévez. Tras a proxección, terá lugar unha conversa moderada por Rosa Castro na que tamén intervirán as terapeutas ocupacionais María Pais e Estefanía Castiñeira.

As dúas seguintes citas celebraranse no Hospital Psiquiátrico de Conxo, tamén con acceso libre. O mércores 1 de outubro, proxectarase O corno, filme da directora Jaione Camborda, quen participará nun coloquio aberto xunto á presentadora e autora Marta Doviro. Finalmente, o xoves 2 de outubro, tras a exhibición de Jacinto, terá lugar un diálogo entre o seu director, Javi Camino, o psiquiatra Ramón Area e a cineasta Ángeles Huerta.

Segundo explica a organización, as obras seleccionadas exploran fraxilidades vinculadas á saúde mental e aos estereotipos sociais, co obxectivo de fomentar a reflexión colectiva e ofrecer un espazo de encontro entre comunidade, pacientes e profesionais.

Programa completo do ciclo ‘Sitios’ – Concello de Santiago

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here