InicioCULTURAA Semana do Libro de Compostela regresa con aposta pola accesibilidade e...

A Semana do Libro de Compostela regresa con aposta pola accesibilidade e a cultura de proximidade

Do 3 ao 12 de outubro, prazas e rúas da cidade acollerán actividades literarias, paseos e encontros con autores

Publicado o

Xornal de Compostela

A Semana do Libro de Compostela (SELIC) celebrará unha nova edición entre o 3 e o 12 de outubro, cun programa que combina accesibilidade, cultura de proximidade e propostas para todos os públicos. A presentación oficial contou coa participación da alcaldesa Goretti Sanmartín, que animou veciñanza e visitantes a sumarse á iniciativa.

O festival arrincará de maneira simbólica o domingo 28 de setembro, cunha lectura colectiva no Obradoiro ás 11:30, co obxectivo de “resignificar” este espazo emblemático.

Entre os principais actos destaca a entrega do Premio Selic 2024 á novela Sarela de Marga Tojo, que conversará con Quico Cadaval e Paco Macías o sábado 4 ás 13:00, ademais de asinar exemplares no posto da libraría Numax. Outro nome destacado será o de Bob Pop (Roberto Enríquez), que presentará o seu poemario De corpo presente cun recital o venres 10 ás 19:30.

A accesibilidade será un eixo central da programación. O venres 10 ás 17:00 celebrarase o obradoiro Ler coas mans, introdución ao braille con 25 prazas dispoñibles, e o sábado 11 terá lugar un encontro de clubs de lectura fácil.

Os paseos literarios volven como unha das actividades máis demandadas. Serán catro itinerarios: Doentes (4 e 12 de outubro), 90 anos dos seis poemas galegos de García Lorca (11 de outubro), Faraldo e a revolución de 1846 (6 de outubro) e Wharton e Hemingway por Compostela (10 de outubro).

Na carpa principal da Selic poderase visitar, entre o 3 e o 12 de outubro, a exposición Edito e mando. Como se fai un libre, centrada no proceso de creación dun diario gráfico.

Ademais, a directora artística Lorena Conde anunciou colaboracións con centros escolares, que recibirán materiais específicos como un diario lector e un primeiro abecedario para alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...