InicioCULTURASantiago celebrará o próximo 25 de abril o 50 aniversario da Revolução...

Santiago celebrará o próximo 25 de abril o 50 aniversario da Revolução dos cravos

Míriam Louzao e Natividad González anunciaron en rolda de prensa a participación da cidade nas homenaxes

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, xunto á deputada provincial de Cultura, Natividad González, e o presidente de AJA Galiza, Odilo G. Carneiro, presentaron hoxe en rolda de prensa os principais actos que se levarán a cabo en Santiago de Compostela o vindeiro 25 de abril para conmemorar o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis.

Míriam Louzao destacou que “Santiago mantén vínculos moi fortes e estreitos co noso país veciño, Portugal, así como co mundo lusófono, a través de numerosas iniciativas, proxectos e redes que nos unen coa sociedade portuguesa”.

Ademais, anunciou que o Concello estará moi involucrado nas “diversas homenaxes a esta revolución pacífica que trouxo de volta a democracia e que agora celebra o seu cincuentenario”.

A concelleira fixo un chamamento á cidadanía para que se una ao canto colectivo de ‘Grândola Vila Morena‘ de Zeca Afonso, que se convertiu no himno da liberdade. Esta actividade terá lugar o vindeiro 25 de abril ás 18:30 na praza da Música en Compostela, fronte ao Auditorio.

Louzao informou que todas as persoas interesadas en participar deben rexistrarse a través dun formulario na páxina web de Compostela Cultura antes do 21 de abril. “Xa temos confirmadas arredor de 700 inscricións”, dixo. As formacións vocais ou musicais que desexen participar poden rexistrarse en grupo indicando o número total de participantes. Os inscritos recibirán un correo electrónico de confirmación xunto con instrucións para a coordinación do evento.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...