InicioCULTURACompostela acolle este venres a Foliada das Letras Galego-Portuguesas, con máis de...

Compostela acolle este venres a Foliada das Letras Galego-Portuguesas, con máis de 500 mozos de ata 15 colexios

Acoden dun total 15 centros educativos de Galicia e Portugal

Publicado o

Xornal de Compostela

Foliada das Letras Galego-Portuguesas ‘Agora cantamos nós!’ xuntará este venres no parque Eugenio Grannel de Santiago de Compostela a grupos de música, baile, pandereteiras e preto de 500 mozos, que acoden dun total 15 centros educativos de Galicia e Portugal. Coincidindo co ano das Letras Galegas 2025 adicado ás cantareiras e á tradición popular, aparece esta ‘foliada’ para reivindicar o patrimonio oral galego-portugués, que a inicativa Ponte… Nas Ondas! encárgase de divulgar e transmitir ás novas xeracións.

Esta xornada conta, ademais, coa colaboración do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña, do Consello da Cultura Galega e da Xunta. Neste sentido, a alcaldesa, Goretti Sanamartín, puxo en valor a tradición oral transmitida xeración tras xeración “a pesar dos contextos que a menosprezaron”, segundo trasladou o Concello nunha nota de prensa. Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, resaltou a importancia de reivindicar ou patrimonio oral galego-portugués, “do mesmo xeito que levamos feito estes últimos días coas diferentes propostas no marco do Día das Letras Galegas”.

TRANSMISIÓN DA TRADICIÓN ORAL

Como ONG consultora da UNESCO para o Patrimonio Cultural Inmaterial –única entidade acreditada en Galicia–, Ponte… Nas Ondas! pretende dar a coñecer este cancionero común, patrimonio compartido con Portugal da literatura oral popular e o cancionero tradicional. A Foliada das Letras Galego-Portuguesas é unha celebración para que o alumnado comparta un día de festa con outros grupos de escolas galegas e portuguesas. Ao mesmo tempo, grupos de música profesionais e persoas portadoras da tradición oral intervirán na festa para que se produza a necesaria transmisión das súas saber aos asistentes. Desta forma, entre os bloques de actuacións dos centros educativos actuarán De Vacas (ás 12.30 horas) e Os Fondaos de Pínfaro (ás 14.00 horas).

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...