InicioCULTURAA burra, a mesa e o pau: o retrato da familia obreira...

A burra, a mesa e o pau: o retrato da familia obreira galega

O Centro Dramático Galego convídanos a reflexionar sobre a sociedade cunha fábula como fío condutor

Publicado o

Por David Marante Manteiga

O pasado 6 de Marzo estreouse no Salón Teatro un espectáculo da man do Centro Dramático Galego A burra, a mesa e o pau, que seguirá sendo representado ata o 20 de abril. Cun elenco de 15 actores e actrices e baixo a dirección de Lorena Conde, a obra toma como protagonistas aos e ás integrantes das familias humildes afincadas en Galicia nos 90, relatando as súas realidades e sobre todo as súas dificultades. Non só se fai fincapé no que pasa dentro das casas, se non que o ámbito laboral toma un gran peso dentro do relato. Aquí aparecen novos personaxes como pode ser a patronal, satirizada en forma de “seres mitolóxicos” que teñen como gran característica uns cornos e catro tetos.

Falando do ámbito laboral, é nel onde se nos presenta unha das primeiras escenas, podendo ver a un grupo de traballadores que comezan cun sorriso, agradecidos polo traballo, pola dignidade que este lles aporta, por poder vivir para traballar… A medida que o diálogo se vai desenvolvendo a alegría destes vai diminuíndo, pois danse conta das duras condicións ás que están sometidos. Tamén xirando arredor deste tema está un intento de folga, protestando por un mellor soldo e horario, intentando rematar coa explotación que sofren por parte da empresa. Aquí fan acto de presencia os integrantes da patronal, convencendo persoa por persoa da importancia de coidar da empresa, do delicada que esta é, de como a teñen que coidar e dos riscos que eles corren; conseguindo unha vez máis o sometemento.

Outro dos momentos máis destacables dentro desta temática é como inclúen os traballos dentro dos fogares, labores de montaxe de obxectos como poden ser os paraugas ou moedeiros. Neste proceso participaban tanto os maiores como a rapazada, axilizando e conseguindo así que se rematasen máis produtos e por tanto podendo cobrar máis. Unha das consecuencias directas deste tipo de traballo é introducido na obra contando que o cativo máis pequeno da familia perdeu un ollo mentres axudaba a construír un paraugas, polo que agora un dos seus obxectivos era axudar a gañar máis diñeiro para poder comprar unha prótese de cristal. Por desgraza, debido á situación tan precaria da nai esta non era unha das súas prioridades, o que causaba numerosos conflitos. Outra gran crítica dáse tamén a raíz desta situación, pois a empresa cambia os perigosos paraugas por unha opción moito máis segura, uns moedeiros, aptos para todas as idades. Neste caso, unha vez que a nai vai a unha tenda ve os moedeiros á venta, os dependentes foron rápido a venderlla dicíndolle que era un artigo de luxo, feito en Italia, cun bordado exquisito e cuns acabados perfectos. Pero o prezo era moito maior ao que lle pagaban a ela por facelo, mostrando como o comercio buscaba sacar o máximo rendemento económico, sen miramentos por mentir só por poder incrementar así aínda máis o custo.

Para poder entrar no ámbito familiar debemos primeiro destacar unha das xenialidades da obra que é a utilización de 3 persoas de forma simultánea para cada rol, deste xeito os personaxes están representados de forma moito máis diversa, aportándolle distintas idades, corporeidades e xéneros. Este recurso tamén consegue que se cree unha sensación de colectividade, a medida que van interactuando entre si podes ver como se retrata a diferentes familias, que aínda sendo distintas están na mesma situación, na mesma precariedade. Por tanto a unidade familiar está constituída por un señor maior e as súas crianzas, unha nai solteira a cargo de dous cativos e o outro que a día de hoxe se coñecería como unha persoa con “mentalidade de tiburón”. É tamén de destacar a presenza do gato, con grandes problemas de saúde, que acaba finando a mans dunha das crianzas da familia que non soporta ver como o animal sofre ante a súa imposibilidade de pagarlle un veterinario. Estas dificultades económicas son o que marcan moitas das dinámicas entre eles, véndose limitados polas súas posibilidades. Algún dos maiores conflitos dánse co que anteriormente denominei como “mentalidade de tiburón”, unha persoa cun discurso totalmente illado da súa realidade, con frases como “hai que pensar como os ricos” ou “hai que inverter coma os ricos”. A súa forma de pensar lévano a roubar cartos que estaban destinados a comprar libros escolares para inverter nos seus negocios e posteriormente perdelos todos.

É de feito na última escena que a familia discute pois é cando se descubre este roubo, xusto aí todas as personaxes quedan inmóbiles, e por relevos van saíndo do papel, representando un guía dun museo que comenta a insólita escena que se ve no escenario. O discurso que dá este novo rol está totalmente descontextualizado, non sabendo ler realmente a imaxe que se presenta, utilizando tópicos asociados a unha Galiza ruralizada ou ás familias obreiras galegas.

Todas estas situacións xunto con moitas outras están perfectamente conducidas pola fábula que dá nome á obra; “A burra a mesa e o pau” fala dun xastre e dos seus tres fillos aos que botou da casa por vagos. Estes foron quen de atopar traballos e unha vez que volvían para a casa os seus xefes dábanlles regalos. Ao primeiro déronlle unha burra que caga ouro, ao segundo unha mesa que se enche de comida cando llo piden, pero ambos os dous foron enganados por un pousadeiro que lles cambiou ditos obxectos máxicos por uns correntes cando os mozos facían noite na pousada. Foi o terceiro, ao que lle deron un pau que ataca baixo ordes do seu dono, quen conseguiu os obxectos roubados, podendo volver para a casa coa burra e a mesa.

Este toque de ficción está ligado de certo modo á ilusión, no conto preséntannos obxectos máxicos que ían sacar da pobreza á familia e na realidade fan un símil coa lotería, un premio que ilusiona a moita xente e no que confían para poder saír adiante.

ÚLTIMAS

Collen un camioneiro a 168 km/h que, ademais, tiña orde de procura e captura

A Garda Civil detivo o pasado sábado a un camioneiro ao que lle constaba...

A Cámara de Comercio de Santiago promove dous finalistas nos premios europeos EYE 2025

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou esta semana o éxito de...

O PP pide crear un itinerario accesible na Alameda para persoas con discapacidade

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, presentou esta semana unha proposta...

O Goberno local anuncia novas obras tras a reapertura do Pombal

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou unha serie de actuacións...

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e...

Afundación inaugura en Santiago a mostra ‘Diversa’ con propostas internacionais de ilustración contemporánea

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle desde hoxe a quinta edición da...

(Vídeo) Joshua Kenneth: “Para min a máxia é un xeito de vida”

Joshua Kenneth é un artista galego que percorre o mundo realizando performances de maxia....

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here