InicioCULTURAO Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados abre a súa 18ª edición

O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados abre a súa 18ª edición

O certame, convocado polo Concello e a editorial Kalandraka, repartirá 9.000 euros á obra gañadora

Publicado o

Xornal de Compostela

O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka, abriu a convocatoria da súa 18ª edición, segundo anunciou este venres a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao. O certame, que busca poñer en valor o álbum ilustrado como xénero literario e artístico, está dotado cun premio de 9.000 euros para a obra gañadora.

O concurso mantén o seu carácter internacional e está dirixido a ilustradores e autores de calquera nacionalidade. Segundo explicou Louzao, dende a súa creación en 2008, o certame consolidouse como un dos máis prestixiosos da súa categoría, chegando a recibir preto de 5.000 propostas ao longo da súa traxectoria. O álbum gañador será publicado en galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués, ademais de italiano.

A presentación de candidaturas non poderá realizarse ata a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), algo que, segundo indicou a concelleira, sucederá nos vindeiros días. Unha vez aberto o prazo, os proxectos poderán enviarse ata o 16 de maio. O fallo do xurado anunciarase a finais de xuño e a entrega do premio terá lugar en novembro, coincidindo coa presentación da obra publicada.

A técnica do Departamento de Educación, Beatriz Varela, destacou que non se admitirán proxectos creados con intelixencia artificial, subliñando a importancia de garantir a autoría orixinal das ilustracións. Ademais, os participantes deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais, cinco copias en cor de cada unha delas e unha maqueta do proxecto completo.

UN PREMIO CON PROXECCIÓN INTERNACIONAL

Pola súa banda, coordinadora de Kalandraka, Manuela Rodríguez, puxo en valor a repercusión do premio a nivel internacional. Explicou que os títulos galardoados viaxan polas principais feiras do libro e chegan a librarías de todo o mundo. De feito, a editorial acaba de presentar a última obra premiada, ‘Bim Bam Bum’, na Feira Internacional do Libro de Boloña, o evento máis importante da literatura infantil e xuvenil.

Rodríguez destacou que algúns dos libros premiados no certame foron traducidos a máis de 16 idiomas, incluíndo o xaponés, coreano, chinés, alemán ou inglés. Ademais, moitas das obras recibiron recoñecementos como o Premio Nacional de Edición, o Premio Catro Gatos en América Latina ou a inclusión na prestixiosa lista White Ravens en Alemaña.

A concelleira Míriam Louzao pechou a presentación sinalando que este certame contribúe a proxectar a cidade de Santiago no panorama cultural internacional, reforzando a súa aposta pola promoción da literatura e da ilustración como ferramentas para a animación á lectura.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here