InicioCULTURAO Salón Teatro acolle a estrea de 'Fábrica de fume', unha obra...

O Salón Teatro acolle a estrea de ‘Fábrica de fume’, unha obra sobre Sargadelos

O espectáculo de teatro comunitario contará con tres funcións gratuítas os domingos 16, 23 e 30 de marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario da estrea de ‘Fábrica de fume’, unha proposta de teatro comunitario que explora a relación entre arte e industria a través da historia da fábrica de cerámicas de Sargadelos. A primeira función terá lugar o domingo 16 de marzo ás 12:00 horas, con entrada gratuíta ata completar aforo. O espectáculo repetirase os días 23 e 30 de marzo no mesmo horario.

As creadoras da obra, Celina Fernández Ponche e Ana Fontenla, asinan tanto o guión como a dirección de escena. A peza xorde no marco do proxecto internacional Phone, dedicado ao teatro en linguas minoritarias, e chega agora a Compostela co apoio do Centro Dramático Galego (CDG), financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).

A obra conta coa participación de 18 actores e actrices de diferentes compañías de teatro afeccionado vinculadas a Fegatea. No elenco atópanse Neves Pérez, Juanín Ares, Chus Devesa, Antonio V. Turnes, Pablo Fernández, Lola Roel, Valentín Entrialgo, Edita Álvarez, Guadalupe López, Carmen Lois, Sara Neto, María José Lagoa, Quico Ramilo, Manuel Llilla, Lucía González, María José González, Reyes López e Ana Rosa Pavón.

O vestiario e a caracterización están a cargo do alumnado dos centros de formación Paseo das Pontes (A Coruña) e A Pinguela (Monforte de Lemos), baixo a dirección de Ana Calviño, Rosa Mar Díaz e Luz Freire. O deseño de iluminación foi elaborado por As Dúas e Punto.

UNHA OBRA QUE CONECTA ARTE E CIDADANÍA

No acto de presentación do espectáculo, no que participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director do CDG, Fran Núñez, as autoras destacaron que o proxecto nace tras dous anos de investigación sobre a historia de Sargadelos, combinando traballo artístico e de campo. Segundo explicaron, a súa intención é entender a arte desde o diálogo coa cultura e a sociedade, un principio que guía a súa creación escénica.

As funcións terán lugar no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, os domingos 16, 23 e 30 de marzo ás 12:00 horas. A entrada será de balde, con retirada de localidades no portal número 34 da Rúa Nova, que abrirá unha hora antes de cada función.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...