O pasado xoves 7 de novembro tiven a oportunidade de coñecer a unha compositora de prestixio internacional grazas a un encontro que organizou a Real Filarmonía de Galicia no Auditorio de Galicia chamada “Conversando con…”, no cal puidemos interactuar coa autora e co director da obra que se estrearía a continuación.
Raquel García-Tomás é unha compositora de prestixio internacional cuxas obras soaron en auditorios como o Auditorio Nacional de Música de Madrid, o Palau de la Música de Cataluña, o Wiener Kozerthaus de Viena e no Müppa de Budapest. Está especializada na creación interdisciplinar e foi galardoada por numerosos premios como El Ojo Crítico de Música Clásica de RTVE, o Berliner Opernpreis da Neuköllner Oper de Berlín ou mesmamente este ano o Premio max 2024 por ‘Mellor composición musical para espectáculo escénico’.
Actualmente está a realizar unha xira mundial para o estreno da súa última obra por encargo que toma o coñecido título de Magritte ‘Ceci n’est pas une valse’.
Tras presentarnos brevemente á compositora, a moderadora, Sabela García Fonte, directora técnica da Real Filarmonía de Galicia, preguntou:
A ópera que hoxe se presenta titúlase ‘Ceci n’est pas une valse’. Entón, se non é un vals, que é?
Unha exploración libre na que busquei divertirme e comunicarme co público. Busco ampliar o vals e a súa forma e características. É un xogo de memoria, xa que nalgúns momentos parece unha película ou formas de vals clásico que nos fan bailar, mais que non da tempo a desfrutar porque en dez segundos se esfuma.
Como te enfrontas a unha obra por encargo? Sentes máis presión á hora de traballar ou obter inspiración?
Sempre me guío por como me sinto, sigo a miña intuición. Moitas veces cando nos encargan unha obra dinnos os ingredientes que debemos usar, é dicir, o tempo de duración, os instrumentos que deben estar presentes ou destacar nun solo, etc.
A sorte que temos os compositores é que temos carta blanca para usar o estilo que queiramos.
Na sala reinaba a convivencia de dúas xeracións: unha moi avanzada, entre 60 e 80 anos, e outra máis recente, entre 14 e 18 anos, pois un profesor do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela levou consigo aos seus alumnos a escoitar a esta compositora e pedirlle unha mensaxe para esta xuventude:
Que mensaxe lle darías aos xoves músicos como alumnos de conservatorio profesional?
Cada un ten os seus tempos, non hay présa. Cada un ten que ir ao seu ritmo no camiño. Ademais, debedes contextualizar as normas segundo como es e tamén cuestionar o itinerario que vos marca o conservatorio.
Dado este encontro, pregunteille de que maneira acercaría ela a composición aos xoves aprendices:
Como acercarías a composición aoos xoves músicos dun conservatorio profesional?
Actualmente vivimos nun mundo no que domina a inmediatez e debemos aceptar que o disfrute estimula a aprendizaxe. Con isto, poderían proporse actividades como por exemplo tomar un video de TikTok e crear unha música que o acompañe. Considero necesaria a unión da naturalidade da improvisación e o xogo.
Ademais, débese ter moi en conta as capacidades de cada alumno á hora de ensinar, xa que se un alumno só fixo puzzles de 50 pezas, non lle podes dar de súpeto un de 5.000. O rapaz non saberá por onde empezar e abandonará pensando que é incapaz de resolvelo.
Finalmente, antes de comezar o concerto pregunteille a gran cuestión que rondaba na miña cabeza desde que vira que se ía estrear a obra dunha compositora:
Encontraches dificultades na túa profesión por ser Muller?
Creo que nunca sufrín machismos por ser compositora, mais poder ser que non os vise.
Unha dificultade clara á que me enfrontei é a falta de referentes. Non obstante, é certo que as diferenzas de xénero están moi presentes en toda a nosa sociedade. Ao final as mulleres estamos cansas de esforzarnos máis ca os hombres e ter que demostrar máis as nosas capacidades para que nos tomen por igual.
Por exemplo, de moza nos ensaios tiñan uns prexuizos cara a min por ser xove e muller que non tiñan cos homes. Por iso, eu sempre levaba todo moi preparado para non darlles a oportunidade. Iso si, daquela eu non era consciente desta diferenza de clase.
Á hora de contestar á última pregunta, Raquel dubidou nun primeiro momento ao responder que nunca sufrira un trato diferente, mais en cuestión de segundos descubriu a través da memoria situacións das que no seu momento non era consciente desas diferenzas e prexuizos ás que estaba exposta.
Raquel identifica a posición da muller como unha diferenza de clase. O director Baldur Brönnimann menciona a continuación que o outro compositor do concerto, Antón Bruckner, tamén sufriu un trato diferenciador, xa que o trataron de granxeiro.
Sen dúbida, o mercado laboral na industria da música tanto pop e reggaetonera como clásica, está aínda pregnada de machismo, sexismo e misoxinia, factores que fan que o camino da artista sexa unha melodía que todavía falta por afinar.