InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA limpeza simultánea dos ríos Sar e Sarela retira máis de 300...

A limpeza simultánea dos ríos Sar e Sarela retira máis de 300 quilos de lixo

A iniciativa ambiental organizada por Adega e Proxecto Ríos mobilizou decenas de voluntarios para eliminar residuos contaminantes

Publicado o

Xornal de Compostela

Este domingo celebrouse en Santiago de Compostela unha nova edición da Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Adega e Proxecto Ríos, que mobilizou a decenas de voluntarios para limpar os ríos Sar e Sarela. No total da xornada, foron retirados máis de 300 quilos de residuos, nun esforzo conxunto de concienciación e protección ambiental.

A intervención no río Sarela, realizada por voluntarios de Adega e da Escola Semente, logrou recoller 72 quilos de lixo, onde destacaban toalliñas húmidas, plásticos e incluso restos de mobles. Itziar Díaz, educadora ambiental de Adega, salientou a presenza de residuos altamente contaminantes como as toalliñas, que a xente segue desbotando polos inodoros, o que provoca serios problemas nas infraestruturas de saneamento.

No caso do río Sar, foron 24 persoas, pertencentes á Asociación de Familias AFA Montessori, as que participaron na limpeza, logrando retirar uns 250 quilos de lixo, entre os que se atopaban restos dunha neveira e outros obxectos insólitos como pilas e baterías. Segundo Itziar Díaz, “por desgraza, moita xente segue utilizando os ríos como vertedoiro, o que contribúe a unha grave contaminación”.

A actividade contou tamén coa presenza de Xesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental do Concello de Santiago, quen destacou a importancia de accións coma esta, especialmente antes de que chegue a tempada de choivas. No caso do Sarela, os voluntarios lograron retirar moitos paus acumulados nas pontes inundables, pero algúns restos foron trasladados a Parques e Xardíns para a súa retirada definitiva.

A Limpeza Simultánea de Ríos, que xa vai pola súa 17ª edición, está promovida en toda Galicia e conta coa colaboración de máis de 70 entidades en 56 municipios, co apoio de Augas de Galicia, a Deputación da Coruña e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here