InicioMOV. SOCIAISEducación asegura que non suspenderá o grao de estilismo no IES Lamas...

Educación asegura que non suspenderá o grao de estilismo no IES Lamas de Abade

A consellería aclara que está pendente de asignar o docente de técnicas de peinado e realiza chamamentos para cubrir a praza

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Educación confirmou que o grao superior de estilismo e dirección de peinado do IES Lamas de Abade en Santiago non será cancelado. A consellería asegurou que os distintos módulos deste ciclo de FP dual intensiva teñen o seu profesorado asignado, e só queda pendente a incorporación do docente encargado do módulo de procedementos e técnicas de peinado. Neste sentido, informaron que están a realizarse chamamentos ás listas de profesorado dispoñible para cubrir esa praza no menor tempo posible.

Este anuncio chega tras as críticas dos estudantes do grao, quen o pasado venres denunciaron que lles fora informada a supresión da formación dual debido a que o número de alumnos matriculados (nove) non acadaba o mínimo esixido de doce. Ademais, sinalaron que xa levan dúas semanas asistindo ás clases sen contar cun profesor especializado na área de peinado.

A consellería indicou que está a traballar para asignar o docente correspondente canto antes e garantir que os estudantes poidan continuar a súa formación con normalidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here