InicioSUCESOSUn neno resulta ferido grave tras caer dun cuarto piso no Ensanche

Un neno resulta ferido grave tras caer dun cuarto piso no Ensanche

O menor foi trasladado en estado crítico ao Hospital Clínico tras caer accidentalmente dende un balcón

Publicado o

Xornal de Compostela

Un neno de sete anos foi trasladado en estado grave ao Hospital Clínico de Santiago tras caer dende o balcón dun cuarto piso situado na rúa República Arxentina, no Ensanche compostelán. O suceso ocorreu arredor das 11:30 da mañá deste domingo, segundo confirmaron varias fontes.

De inmediato, desprazáronse ata o lugar servizos sanitarios, axentes da Policía Nacional e Policía Local, así como policía xudicial e científica, que están a investigar as circunstancias da caída. Segundo as primeiras hipóteses, trátase dun accidente.

O menor foi ingresado na unidade pediátrica de coidados intensivos do hospital compostelán, onde permanece baixo atención médica.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...