InicioCULTURASantiago acolle o inicio de Camiño Escena Norte cunha función na Praza...

Santiago acolle o inicio de Camiño Escena Norte cunha función na Praza da Quintana

O programa de intercambio cultural ofrecerá 15 espectáculos en 13 localidades galegas entre setembro e outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

O próximo 13 de setembro, a Praza da Quintana de Santiago de Compostela acollerá a función inaugural de Camiño Escena Norte 2024, un programa de intercambio cultural que reúne compañías de teatro, danza, artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. A sexta edición deste proxecto, que se desenvolverá ata o 27 de outubro, levará 15 espectáculos a 13 localidades galegas, incluíndo espazos singulares e históricos.

O ciclo, que comeza en Santiago coa obra Check Out, de Adrián Conde Espectáculos (Asturias), percorrerá outras cidades e vilas galegas como Vilalba, Melide, Carballo, Lugo, Ames e Arzúa, incorporando novas sedes como Foz e Outes, e recuperando Sobrado dos Monxes. A programación en Galicia inclúe producións escénicas de distintos formatos e linguaxes, dirixidas tanto a público infantil como adulto, co obxectivo de dinamizar o panorama cultural galego e impulsar o traballo de compañías de diferentes territorios.

O conselleiro de Educación e Cultura subliñou que Camiño Escena Norte é unha aposta polo intercambio e a colaboración entre rexións, e destacou o papel da Xunta de Galicia no apoio a esta iniciativa, que ten como base a ruta histórica do Camiño de Santiago.

Ademais das funcións, o proxecto inclúe actividades paralelas como Cruzamentos e o encontro profesional Habitación Peregrina PRO, que se celebrará en Lugo do 17 ao 19 de setembro, reunindo a profesionais do sector escénico de toda a península.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here