InicioOPINIÓNDa volta ao cole, dos universitarios enchendo as rúas e dunha oportunidade...

OPINIÓN

Da volta ao cole, dos universitarios enchendo as rúas e dunha oportunidade para Santiago

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Unha céntrica rúa compostelá. Un universitario camiña cun par de maletas, mentres a súa nai o acompaña cargando unhas caixas. Esa imaxe repítese estes días por toda a cidade, mentres uns 20.000 alumnos regresan ás aulas universitarias. Santiago de Compostela vive, en boa medida, de todos eses estudantes, así como do turismo e da administración autonómica. A chegada de todos eles deixa sempre numerosas tarefas pendentes para o Concello e para a Universidade, dúas administracións destinadas a entenderse e a colaborar para potenciar a propia cidade.

É evidente que, froito da desconexión entre ambas as administracións, a USC é entendida como o sitio onde ir aparcar o coche na zona nova. Non é culpa dos picheleiros, senón da falta de retorno visible, da ausencia dunha xeración de valor engadido. Como podemos, desde a Universidade, queixarnos de que a cidadanía non nos ve como parte fundamental da cidade se non lle achegamos, directamente, beneficios? E, ao tempo, como poden desde o goberno local falar da USC como un ente alleo, laiándose da falta de retorno, se as pontes están voadas, o Campus Sur cae a anacos pola falta de cumprimento municipal dun convenio etc.?

Nestes días, o voceiro do Partido Popular, Borja Verea, propuxo entre outras cuestións o impulso de Santiago de Compostela para postularse como Capital Europea da Xuventude, igual que suxeriu un impulso á capital de Galicia como referente internacional, vertebrando ao redor do eixe Ferrol-Lisboa. Estas propostas son, ademais, unha oportunidade excepcional para, precisamente, tender esas pontes tan deterioradas entre a USC e os gobernos de Bugallo e Sanmartín. O feito de contar cunha cantidade de estudantado tan relevante nunha cidade de 100.000 habitantes, captadora ademais de Erasmus, pode e debe contribuír no artellamento deses proxectos para a xuventude. Igualmente, a expansión internacional de Santiago ten na investigación que se realiza na Universidade un piar fundamental de cara a aumentar os beneficios sociais e, tamén, ligar o coñecemento que se xera a un beneficio para as empresas da cidade e a súa área.

Xa que logo, é hora de que desde o goberno local de BNG e CA, así como desde a USC, se dean os pasos necesarios para que iniciemos este camiño xuntos. Non caben aquí escusas ou o habitual desleixo municipal, pois estamos ante unha oportunidade de ouro para reforzar tanto a cidade como a Universidade. Cómpre que sexamos referencia e poñamos as primeiras pedras neste proxecto colectivo. Compostela e os seus habitantes non poden perder este tren.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here