InicioSUCESOSAtopan o corpo sen vida dun desaparecido en Santa María da Peregrina

Atopan o corpo sen vida dun desaparecido en Santa María da Peregrina

A persoa, en paradoiro descoñecido desde o luns, foi localizada nas proximidades da súa vivenda

Publicado o

Xornal de Compostela

O corpo sen vida dunha persoa foi localizado este luns pasadas as 8 da tarde nunha canteira situada en Santa María da Peregrina, en Santiago de Compostela. Segundo informou o 112, a persoa permanecía en paradoiro descoñecido desde o mediodía do luns.

O achado produciuse nas proximidades do domicilio da persoa, tras unha intensa busca por parte dos servizos de emerxencias. A central de emerxencias foi alertada da desaparición e iniciou un operativo de localización que concluíu co triste desenlace na citada canteira.

Segundo ralatou a veciñanza da parroquia, o mozo, de tan só 30 anos de idade, saíra pola mañá para dar un paseo. Cando este non regresou, a familia presentou unha denuncia por desaparición.

As autoridades competentes encargaranse agora de investigar as circunstancias que rodean o falecemento. Segundo indican as fontes policiais a partir das primeiras investigacións, a morte puido producirse por unha caída a grande altura, posiblemente dende a maquinaria indutrial que está presente na canteira abandonada. Porén, as causas exactas da súa morte aínda non foron confirmadas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...