InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames promove cursos de natación en Bertamiráns e Milladoiro

O Concello de Ames promove cursos de natación en Bertamiráns e Milladoiro

Máis de cen nenos participan na iniciativa deportiva durante os meses de verán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza durante os meses de xullo e agosto varios cursos de natación que están a ter lugar nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Este ano, un total de 111 nenos e nenas se inscribiron nesta iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Durante o mes de xullo, 57 rapaces e rapazas participaron nas clases, con 34 inscritos no Milladoiro e 23 en Bertamiráns. En agosto, a participación mantense alta, con 54 nenos e nenas inscritos, 28 no Milladoiro e 26 en Bertamiráns.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, xunto con Alberto Viaño, técnico de Deportes, visitaron onte as piscinas para comprobar de primeira man o desenvolvemento dos cursos. “O programa está dedicado a ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións do verán. Deste xeito, tamén aprenden a practicar un deporte novo”, comentou a concelleira. Ademais, sinalou que “estes cursos permiten que os rapaces e rapazas aprendan a nadar e se familiaricen coa auga, ao tempo que pasan un bo rato con outros nenos e nenas”.

As piscinas descubertas municipais están abertas ao público desde mediados de xuño, cun horario de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. Na praia fluvial de Tapia, o horario é de 15:00 a 21:00 horas durante a semana, e de 11:00 a 21:00 horas os sábados e domingos. Estas instalacións estarán dispoñibles ata o 15 de setembro, contando con servizo de vixilancia e socorrismo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here