InicioMOV. SOCIAISDetectan fraude na venda de credenciais do Camiño con selos falsos en...

Detectan fraude na venda de credenciais do Camiño con selos falsos en Internet

Daniel Antelo, da Asociación Peregrinus Dezae, alerta sobre a proliferación de credenciais que se venden en liña sen percorrer o Camiño, enturbando o espírito xacobeo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Camiño de Santiago, unha ruta cargada de espiritualidade e tradición, enfróntase a unha nova ameaza coa aparición de credenciais falsas que se venden por Internet, sen que os compradores percorran un só quilómetro da ruta. Daniel Antelo, membro da Asociación Peregrinus Dezae en Lalín, leva dous anos axudando aos peregrinos que pasan pola zona, e denuncia esta situación que xa detectara o ano pasado.

“Decatámonos de que eran peregrinos que viñan en coche ou algo estraño pasaba. Voltamos para abrir e chegou un con quince credenciais, igual que o ano anterior, a ver se llas podiamos selar”, relata Antelo, quen asegura que estas prácticas “non levan a ningunha parte” e que incluso se atopan credenciais con todos os selos necesarios á venda en Wallapop por ata trinta euros.

Estas credenciais falsificadas conteñen todos os selos precisos para conseguir a Compostela, mais sen percorrer os cen quilómetros necesarios para obtela de xeito correcto. “Quero pensar que son suvenirs, pero sabemos que non é así”, di Antelo. Esta práctica, que chegou aos oídos do Arcebispado de Santiago, cualifícase como un “fraude” tanto para quen vende como para quen compra.

Dende o Arcebispado destacan que o sentido do Camiño é a vivencia persoal, e lamentan que “non hai forma de comprobar que se fixo o Camiño” ao chegar á Oficina do Peregrino. Ante esta situación, instan aos puntos de selado do camiño a estar atentos e a non selar credenciais sen cubrir os datos do portador.

En resposta a esta problemática, Daniel Antelo e a súa asociación están a informar aos puntos de selado e aos propios peregrinos para evitar que este tipo de prácticas irregulares deturpen o verdadeiro espírito da ruta xacobea. O selo personalizado que Antelo obsequia aos camiñantes íntegros simboliza unha vivencia única e persoal, un recordo do Camiño que, asegura, vai máis alá de calquera mercadeo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here