InicioOPINIÓNMans arriba, isto é un atraco!

OPINIÓN

Mans arriba, isto é un atraco!

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

O órgano que fiscaliza a xestión da Xunta, o Consello de Contas, realizou un informe demoledor para o “bó xestor” de Feijóo: a construcción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (que da servizo a 600.000 persoas), tivo un SOBRECUSTO de 470 millóns de euros! Enviarao o Tribunal de Contas para abrir, ou non, un procedemento por “presuntas responsabilidades contables”. Fora promovido polo BNG e o PsdeG para sufragalo con cartos públicos… Feijóo, no 2009 retirouno e decidiu “privatizar” o proceso de construción… a 20 ANOS.

Pódese permitir que un goberno utilice os cartos públicos para cometer esta desfeita? Máis gasto PÚBLICO, menos camas, menos metros cadrados de construción hospitalaria (a UTE contratada aforrouse 11.912 m. de e.: o equivalente a un orzamento anual da Xunta); e todo isto: con Financiación Pública/privada que xa fracasara no Reino Unido, Valencia, etc. Impresentable! A hemeroteca é demoledora para Feijóo: criticaba que “os políticos, que cobran un salario público, dos impostos dos cidadáns, se inauguran un hospital, a pregunta que debemos facernos é se o deixa pagado ou o temos que seguir pagando, porque se é esta última: faga o favor de marcharse rapidamente e empezar a pagalo”. Vaia cara! Estaba tasado en 450 m. de e. e custou 1.300, máis os aumentos do canon anual: de pagar 56,7 m. de e., en 20 anos, estamos pagando 86. A irresponsabilidade e a hipocresía son evidentes… Pero para eles dá igual! Sempre están moi a favor da empresa privada (neoliberalismo puro e duro) pero vivindo a costa dun salario público (máis o que veña…) e pagado polos cidadáns.

Praza Pública (David Reinero) informa de que “as decisións tomadas en 2010-11 foron responsabilidade das exconselleiras: Pilar Farjas, conselleira de Sanidade entre 2009 e 2011, e Rocío Mosquera, xerenta do Sergas nese período e despois conselleira ata 2015”. E tanto Farjas como Mosquera (esta é a Directora actual de Galaria, organismo a través da súa Oficina Técnica de Seguimento, que tiña que fiscalizar o tema sendo que a Xunta fiscalízase a si mesma), coinciden en empregar unha mesma xustificación a posteriori: din “grazas ao novo hospital, planificado en 2011, a pandemia da COVID-19 que chegou a Galicia en 2020, non foi tan mala como podería ser”. Así, sen anestesia, actuando como “pitonisas”, cos cartos públicos, claro! Outras alegacións peregrinas tampouco foron tidas en conta. A pregunta que nos facemos todos, é: por que non intervén a Fiscalía…ou un Xuíz?

Que demostramos co exposto: que a impunidade é total. Están a salvo do que fan. Ningunha responsabilidade por unha nefasta xestión para a saúde da poboación e para o futuro dos nosos fillos. Ademais, seguen utilizando as PORTAS XIRATORIAS, hoxe son responsables do SERGAS e mañá conselleiros, e logo alcalde de Baiona e logo… Que pena… E con total impunidade!

E todo isto sucede cando Galiza é a que menos inviste en Servizos Públicos fundamentais. Estamos á cola no gasto per cápita para Sanidade, Educación e Políticas Sociais. O SERGAS gasta un millón de euros ao mes en pagar o Complemento a Médicos que traballan na Pública e na privada. Cando Galiza é con Andalucía, a que menos inviste en Sanidade. Cando o gasto privado en sanidade dos Galegos crece a 1.430 euros anuais de media. Aumento considerable dos Seguros Privados (lixo na maioría dos casos). Cando estamos moi por debaixo da media do estado en persoal médico e de enfermaría. Cando a CIG fala de “recuperar as subidas salariasi pendentes, recollido no acordo retributivo de 2008-12 suspendido por Feijóo dun plumazo”. Cando aínda lle debe equiparar o salario do persoal do SERGAS co Complemento Específico que NON cobran, e si o fai o outro persoal da Xunta de Galicia. E segue debendo 3 días de LD que quitou pola cara. Os bos xestores aumentaron a débeda pública en 12.170 m. de e. no 2023 (equivalente a un orzamento anual da Xunta).
E que din os responsables políticos de hoxe? “Que se non se facía así, non se podería facer doutra forma”: Vaia argumento, que, sendo falso é recorrente cando non se teñen argumentos e que ao PP lle vale para lavar a cara e seguir finaciando á empresa privada, co perxuízo evidente do ben máis preciado que temos: a nosa saúde!

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Despropósitos e ocorrencias!

Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here