InicioSANTIAGOAMESAs caravanas moradas instaladas nas festas de Ames ofreceron axuda a un...

As caravanas moradas instaladas nas festas de Ames ofreceron axuda a un milleiro de persoas

As unidades ofreceron atención e información sobre violencia machista no Milladoiro e Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames instalou caravanas moradas nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns para ofrecer servizos de atención e información sobre violencia machista durante as festas da Madalena e da Peregrina. As caravanas funcionaron en ambas localidades durante as xornadas festivas.

O 5 de agosto, a caravana morada localizouse nos arredores da Casa da Cultura no Milladoiro. O 7 de agosto, trasladouse a Bertamiráns, situándose á carón da zona de aparcamento do Pazo da Peregrina. Ambas caravanas operaron de forma ininterrompida, de 21:00 a 5:00 horas.

O principal obxectivo destas caravanas é proporcionar un espazo de apoio para as vítimas de agresións machistas e servir como punto informativo para saber como actuar fronte á violencia de xénero. O equipo da caravana contou cunha psicóloga xurídica especializada en xénero e unha educadora social e axente de igualdade.

Durante as festas, as caravanas ofreceron servizo a 860 persoas, das cales 320 eran mulleres, 150 homes e 390 menores. Ademais, atenderon 14 peticións de primeiros auxilios de baixa intensidade, entre as que se contan 3 na noite do luns e 11 na xornada do mércores.

Os servizos máis demandados incluíron acompañamento para mulleres novas e atención por síntomas de ansiedade. Así, as caravanas non só proporcionaron apoio directo ás vítimas, senón que tamén contribuíron á sensibilización e visibilización das agresións sexuais durante as festividades.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here