InicioOPINIÓNDo inicio da catástrofe, dun goberno de coalición e das loitas de...

OPINIÓN

Do inicio da catástrofe, dun goberno de coalición e das loitas de poder

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Os meses de verán sucédense e, mentres as vacacións dos picheleiros van poñendo frío sobre o expediente de expulsión dos edís socialistas, o plan argallado para culminar coa limpeza do sector universitario do PSOE compostelán —e de todos os non afíns— vai con rumbo fixo cara ao final deseñado por Bernardino Rama co visto e prace —por acción ou omisión— de Bernardo Fernández —mentor de Aitor Bouza—, a quen lle “importa un huevo quedarse sin grupo municipal”, e de José Ramón Gómez Besteiro, con Moisés Rey como brazo executor. Saltaría a sorpresa se ese final, por obra e graza do Espírito Santo, non terminase por darse.

Mais, é preciso retrotraerse ao 28 de maio de 2023 para comprender máis detalles desta operación, da intrahistoria que alonxou o grupo municipal de detentar parte do goberno local e dun dos choques de trens —público e manifesto— entre grupo e dirección. Bugallo, quen no 2019 volvera como alcalde, recuperando a alcaldía para o PSOE despois de dous mandatos en mans do PP e de CA e nos que o partido quedara en só 4 concelleiros de 25 —o mesmo camiño que toma agora—, neste 2023 deixou os socialistas con só 6 actas, un 21% dos votos e sendo superados por 900 votos polo BNG de Goretti Sanmartín.

As contas para a esquerda eran claras: se querían que o partido máis votado —con case o dobre de concelleiros que o segundo—, o PP de Borja Verea, non ostentase o bastón de mando de Raxoi, necesitaban a suma máxica de 13 concelleiros, para a que se facía imprescindible a colaboración de todos os partidos de esquerdas —BNG, PSdeG e CA—. Con todo, unha pregunta rondou a cabeza de moitos composteláns durante o mes de xuño de 2023: ía entrar o PSOE naquel goberno de coalición? A resposta foi non e isto deixou ao grupo de goberno da capital de Galicia xestionando unha cidade de case 100.000 persoas con apenas 8 concelleiros de 25, cun PP que ten tres actas máis que o (des)goberno de Sanmartín.

A explicación para a negativa socialista a entrar no goberno de coalición non se pode buscar na totalidade dos seus concelleiros —que, con figuras como Mercedes Rosón, desexaban entrar nese goberno local e, en boa medida, capitalizar medidas que presuntamente deixaran iniciadas—. Haina que buscar na executiva socialista na que senta Bernardino Rama, que decidiu queimar os edís do sector universitario excluíndoos da xestión do Concello, co obxectivo de forzar paulatinamente a súa saída e, dese xeito, desfacerse de persoas que, evidentemente, son incómodas á estratexia e aos fins que Rama, Santullano e Bouza teñen para o PSdeG compostelán —colocarse e controlar todo o partido, tampouco nos poñamos filosóficos—.

Aquí non importa a terra queimada nin os cadáveres no camiño, senón converter o partido no seu chiringuito, un ermo que, sen dúbida, seguirá baixando nas próximas municipais, mais sen as figuras que lles son incómodas a persoas que, evidentemente, debido á súa mediocridade, precisan desfacerse de calquera que lles poida facer sombra. O episodio das VUT e do expediente é só un paso máis nesa estratexia. Xa se sabe, “cuerpo a tierra, que vienen los nuestros!”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Da outredade á comunidade universitaria

O legado feminista, de máis de tres séculos de historia, nutre o noso pensamento...

Un Sentir Común

A Universidade de Santiago de Compostela leva 531 anos sendo unha das institucións máis...

Toponimia cool

Orixinariamente o termo avenida facía referencia ao camiño que entraba nunha cidade e que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here