InicioSANTIAGOO Servizo Universitario de Residencias da USC publica a listaxe definitiva de...

O Servizo Universitario de Residencias da USC publica a listaxe definitiva de prazas de aloxamento para o curso 2024-2025

O prazo para confirmar a reserva de praza e abonar a fianza para aquelas persoas admitidas remata o 5 de agosto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC publicou este xoves a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento para o curso 2024-2025. Neste curso, o SUR oferta un total de 910 prazas, distribuídas entre estudantes de grao (804 prazas), alumnado de mestrados universitarios oficiais (45 prazas), estudantes en programas de doutoramento a tempo completo e persoal investigador en formación (21 prazas), alumnado de cursos de posgrao propio (5 prazas), persoal docente investigador e persoal de administración e servizos (5 prazas), e integrantes da comunidade universitaria con necesidades educativas especiais derivadas dunha condición de discapacidade (30 prazas). Ademais, 100 prazas para estudantes internacionais xa foron asignadas nunha convocatoria independente iniciada en abril.

A convocatoria recibiu 2.584 solicitudes de novo ingreso, que sumadas ás de readmisión ascenden a 3.314 solicitudes, mantendo a tendencia dos anos anteriores. A asignación de prazas realizouse segundo a preferencia manifestada polos solicitantes e a puntuación económica e académica obtida no proceso de avaliación, conforme aos baremos establecidos nas bases da convocatoria.

As persoas interesadas poden consultar o estado da súa solicitude na web do Servizo Universitario de Residencias. Para confirmar a reserva da praza, os admitidos deberán seguir as instrucións recollidas no portal e abonar unha fianza de 150 euros antes do luns 5 de agosto. De non cumprirse este trámite, entenderase que renuncian á praza concedida.

O SUR proporciona aloxamento a estudantes e outros colectivos universitarios a través dunha rede de Residencias e Colexios Maiores nos seus campus, co obxectivo de mellorar a integración, formación e igualdade de oportunidades no ámbito universitario. Ademais, contribúe ao desenvolvemento e difusión de actividades culturais, científicas, artísticas e deportivas. O servizo inclúe os colexios maiores Fonseca, Rodríguez Cadarso e San Clemente, así como as residencias universitarias Monte da Condesa e Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, e a residencia universitaria Jesús Bal y Gay, en Lugo.
MOVEMENTOS NA LISTAXE DE AGARDA OU CAMBIO DE CENTRO

Publicada a listaxe definitiva, as persoas en lista de agarda que desexen seguir optando a unha praza no SUR deberán confirmalo a través da web antes do 5 de agosto. De non facelo, entenderase que desisten da súa solicitude.

Ao longo de agosto publicaranse diferentes relacións cos movementos da lista de agarda para adxudicar as prazas vacantes e, de ser o caso, tamén o resultado dos cambios de centro solicitados. A primeira listaxe publicarase o 7 de agosto e os admitidos terán ata o día 11 para facer efectivo o pago da fianza que confirma a reserva de praza. A segunda listaxe publicarase o 13 de agosto e o prazo de pago estenderase ata o 18 de agosto. Se é necesario, realizaranse novos movementos na listaxe de agarda ata completar a adxudicación do número de prazas convocadas.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here