InicioPOLÍTICAO pleno de Santiago aproba destinar partidas a "actuacións urxentes" con críticas...

O pleno de Santiago aproba destinar partidas a “actuacións urxentes” con críticas da oposición porque “van tarde”

A aprobación contou cos votos a favor dos grupos de goberno (BNG e Compostela Aberta) e do PSOE, e coa abstención do PP

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno de Santiago aprobou un expediente de utilización de remanentes para “executar actuacións urxentes” en áreas como seguridade, accesibilidade e políticas de vivenda, entre outras, coas críticas da oposición por considerar que “van tarde”. A aprobación contou cos votos a favor dos grupos de goberno (BNG e Compostela Aberta) e do PSOE, e coa abstención do PP.

A partida total do remanente líquido de tesouraría é de 6.780.000 euros. Segundo explicou o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César Vila, durante a sesión plenaria celebrada este mércores, o diñeiro será destinado a “mellorar o benestar dos cidadáns e a xestión municipal”. Entre as accións previstas están a mellora da seguridade e accesibilidade, a resolución de problemas de inundacións, a reparación de espazos públicos, e a liquidación de débedas que condicionan orzamentos futuros.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

A concelleira socialista Marta Abal Rodríguez, a pesar de votar a favor, tachou de “bastante preocupante” o expediente por demostrar que “unha vez máis” o goberno local “vai moi tarde”. Abal subliñou que “con pouco máis de catro meses para executar os remanentes é totalmente inviable que financien obras de maior calado”.

Na mesma liña, a concelleira María Rosario Ferreiro Varela (PP) comentou que as actuacións ás que se destinan as partidas reflicten “unha mala previsión orzamentaria, a pesar de ser os orzamentos máis altos deste Concello”.

O expediente incluía a adquisición dun inmoble na rúa Mazarelos como “edificio singular e de interese público”, destinado ao alugueiro. Sen embargo, foi aprobada unha emenda presentada polo portavoz do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños Sánchez, que modifica esta proposta para contemplar a “adquisición de bens inmobles” para vivenda pública. Esta emenda tamén foi aprobada cos votos a favor dos grupos de goberno e do PSOE, e coa abstención do PP.

O pleno tamén deu luz verde a un importe de 688.200 euros para un contrato de subministración de dous vehículos equipados para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) e a máis de 300.000 euros para “atender necesidades de Tráfico”. O concelleiro de Transporte, Xan Xesús Duro Fernández, destacou que se compran ferramentas para “xestionar a mobilidade na cidade”.

Mentres, Adrián Vila Torres (PP) criticou que os populares levan “meses e anos” advertindo do risco aos usuarios do transporte público debido ás “malas condicións” dos vehículos. Abal tamén destacou a “insuficiencia de medios materiais e humanos” nesta área.

O pleno fixou como días festivos locais para o ano 2025 o 29 de maio, día da Ascensión, e o 16 de agosto, San Roque.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...