InicioOPINIÓNCompostela e a cor que habitamos

OPINIÓN

Compostela e a cor que habitamos

Publicado o

Por Simón R. Teixeiro
Simón R. Teixeiro
Simón R. Teixeiro
Simón R. Teixeiro, nado en Vigo no 2000, sempre se moveu a cabalo entre Vigo e Tui. Graduado en Socioloxía pola UDC, decidiu apostar pola formación no traballo solidario a través do mestrado en Cooperación ó Desenvolvemento da UV. Actualmente sigue vinculado a esta formación mentres desenvolve os seus intereses de análisis da realidade social e de divulgación ambiental.

Hai escasas semanas un clásico do cine de animación voltou á gran pantalla. Nausicaä do val do vento reapareceu para lembrarnos como a preocupación pola protección do medio ambiente, lonxe de ser unha moda pasaxeira, era xa no Xapón dos anos oitenta unha idea que movía conciencias e que cultivaba grandes éxitos no público xeral. Dez anos antes, o Informe sobre os límites do Crecemento encargado polo Club de Roma mostraba a incapacidade da humanidade para continuar gastando recursos escasos cunha pegada ecolóxica crecente. Estas e moitas outras investigacións e actos culturais forman parte dunha xenealoxía esquecida de traballos que nos ían alertando da crise ecolóxica na que nos atopamos actualmente.

Nesta situación, as cidades e o contexto urbano teñen moito que dicir sobre como nos adaptamos a un momento de cambios ambientais inusuais e como reducir o efecto destes cambios na poboación. Son múltiples e moi variadas as medidas políticas e sociais que se poden tomar neste eido, pero se hai unha serie de medidas que preocupan á cidadanía estas son as decisións ambientais que mitigan o efecto negativo do cambio climático na saúde das persoas.

No caso de Santiago de Compostela, a análise feita por IS Global en máis de mil cidades europeas devólvenos uns datos alentadores. A cidade sitúase como referente no estado español sendo a 3º urbe con maior área verde, que se estende por un 67% da superficie do municipio entre parques, prazas e xardíns. Isto incide directamente nunha menor mortalidade por falta de espazos verdes, sendo a 4º cidade máis sa no estado por razón das áreas verdes que protexen a súa poboación.

Pero cales son estas áreas verdes que sitúan a cidade no comio destes rankings?

En primeiro lugar hai que contar coas grandes extensións de monte que rodean a urbe de Santiago como son os do Pedroso ou o Monte do Gozo. Pero de seguido virannos á cabeza aqueles parques nos que todos os días agroma vida na cidade. Falamos de espaczos como os da Alameda, Bonaval, Belvís ou aqueles que rodean o Sar e o Sarela. Todos eles forman un tupido tecido verde que é tan extenso que só en Santiago se contabilizan 47 parques de máis de 10.000 metros cadrados. Da xestión encárganse simultaneamente a Universidade de Santiago, a Xunta de Galicia e o goberno municipal, que xestiona a maior superficie. Grazas a todos eles Compostela respira 500.000 metros cadrados de verdor.

Ademáis, Nacións Unidas recoñece, dende hai anos, o investimento en parques urbanos, espazos verdes e nos cursos de auga dunha cidade como unha das mellores ferramentas para mitigar o cambio climático e protexer a saúde da súa poboación. Pero os beneficios que brindan estes lugares non rematan aí. Pois estes lugares constitúen unha boa alternativa de ocio para toda a veciñanza e cobren a necesidade de pasear e socializar en espazos que nos xeran benestar emocional.

Así, os parques de Santiago de Compostela e a biodiversidade que agochan son o mellor tesouro que a cidade ofrece a propios e foráneos, só che falta descubrilos.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here