InicioSUCESOSPolémica na cidade por unha pintada na fonte da Praza de Praterías

Polémica na cidade por unha pintada na fonte da Praza de Praterías

Na pintada, que foi difundida a través de Facebook, podía ler 'A e G bañáronse aquí'

Publicado o

Xornal de Compostela

Os compartamientos incívicos dalgúns turistas volven ser noticia en Santiago de Compostela despois de que este luns aparecese na fonte dos cabalos da Praza de Praterías unha pintada na que se podía ler ‘A e G bañáronse aquí‘, xunto a unha data. Cabe destacar que este martes a inscrición xa foi borrada da histórica fonte pola concesionaria do servizo de limpeza, Urbaser.

A imaxe da pintada, compartida en redes sociais este luns, chamou a atención dos internautas que expresaron o seu malestar ante este novo “acto vandálico”: “Está a perderse o respecto a todo”, “Unha tristeza”, “Que pena!!!”, son algúns dos comentarios difundidos polos usuarios de Facebook.

Esta polémica chega seis días despois de que tres peregrinos, Carmen, Fran e Camila, pintasen a frase ‘Aquí terminamos o Camiño de Santiago e empezamos o noso‘, acompañada da data na que chegaron ao Obradoiro.

Segundo explicaron fontes municipais a Europa Press, ante casos como os xa mencionados actúan “de inmediato” e tentan concienciar do carácter patrimonial de Santiago de Compostela, por exemplo coa campaña de boas prácticas turísticas que dará comezo en agosto.

Trátase dunha campaña na que dez informadores orientarán a pé de rúa aos turistas e peregrinos que cheguen á cidade baseándose no ‘Decálogo de Boas Prácticas’ lanzado o pasado verán polo goberno local para concienciar aos visitantes e mellorar a convivencia.

Deste xeito, fontes municipais piden “responsabilidade” ante este tipo de accións levadas a cabo no centro histórico da cidade , aínda que subliñan que tamén hai que “contextualizarlas”, xa que son miles as persoas que visitan Santiago e non todas realizan inscricións ou outro tipo de prácticas do estilo.

Nesta liña, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, asegurou que condenan “todos os actos vandálicos e de atentado contra o patrimonio” e que as campañas de concienciación “non obvian nin descartan” que para estes casos haxa sancións.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...