InicioCULTURAMáis de 60 músicos participan na residencia artística 'Efemérides 2024' na Cidade...

Máis de 60 músicos participan na residencia artística ‘Efemérides 2024’ na Cidade da Cultura

Reciben formación musical da Banda Sinfónica Galega ata o 3 de agosto

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este luns os participantes na residencia artística ‘Efemérides 2024’, unhas xornadas que levan a cabo na Cidade da Cultura, en Santiago, ata o 3 de agosto coa participación de 65 músicos.

Tal como indicou a Xunta nun comunicado, a Banda Sinfónica Galega é unha agrupación conformada por estes artistas de entre 18 e 30 anos escollidos por mestres de recoñecido prestixio.

Esta formación terminará o sábado cun concerto ás 21.00 horas na praza central de O Gaiás, con entrada libre e gratuíta.

López Campos fixo fincapé na importancia destas formacións dentro do panorama musical galego e na celebración destas convivencias anuais que fomentan a mellora formativa das distintas especialidades de instrumentos.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...