InicioSANTIAGOAMESAmes prepárase para dez días de festas este próximo mes de agosto...

Ames prepárase para dez días de festas este próximo mes de agosto con música e orquestras destacadas

A celebración encadeará as festas da Madalena en Milladoiro e da Peregrina en Bertamiráns, con actividades para todos os públicos

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Este verán, o Concello de Ames xunto ás comisións de festas da Madalena e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organizan por terceiro ano consecutivo “Ames en Festas 2024”, un programa de festexos que terá lugar dende o 2 ata o 11 de agosto. As festas da Madalena do Milladoiro celebraranse do venres 2 ao martes 6, seguidas polas festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 7 ao domingo 11.

Entre as actuacións destacan as mellores orquestras de Galicia como Panorama, Gran Parada, Metrópolis, Combo Dominicano, París de Noia, Os Satélites e Los Coleguitas. Tamén haberá concertos de Guadi Galego, La Banda de Ayer e Tania Veiras. Este ano, como novidade, haberá dous pregóns, un nas festas do Milladoiro e outro nas de Bertamiráns.

O programa das festas foi presentado no anfiteatro do Milladoiro, con presenza do alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; María Vázquez, técnica do departamento de Cultura; e representantes das comisións de festas e da Xuntanza de Empresarios de Ames.

O festival Millarock marcará o inicio das festas o venres 2 de agosto, cunha serie de obradoiros musicais e concertos no anfiteatro do Milladoiro, incluíndo a actuación de Onda Dagda, e as actuacións de Biribirlocke, Agoraphobia e Dakidarría na Travesía do Porto.

O alcalde, Blas García, agradeceu o traballo das comisións de festas e destacou a importancia de traer as mellores orquestras para beneficiar o comercio e a hostalería local. Ademais, confirmou que a programación das festas tamén incluirá actividades deportivas como trofeos de fútbol e torneo de baloncesto 3×3.

Finalmente, as festas de Bertamiráns incluirán a segunda edición da Romaría Urbana o sábado 10 de agosto, cunha sesión vermú e concertos durante toda a tarde no parque do Ameneiral, ofrecendo así un espazo para o lecer e o disfrute de toda a veciñanza.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here