InicioSUCESOSFalece o mozo que sufriu unha caída de 8 metros nun rocódromo...

Falece o mozo que sufriu unha caída de 8 metros nun rocódromo de Costa Vella

O Igfae mostra o seu pesar polo falecemento deste investigador

Publicado o

Xornal de Compostela

O mozo que sufriu, o pasado 17 de xuño, unha caída de oito metros de altura nun rocódromo de Santiago faleceu, segundo informa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxias (Igfae), dependente da Universidade de Santiago (USC), onde traballaba como investigador postdoutoral. Nun comunicado, o Igfae comunica o falecemento, ocorrido o 21 de xullo, un mes despois do suceso, de Arnau Brossa Gonzalo “debido ás complicacións producidas por un accidente de escalada”.

Este mozo licenciouse en Física na Universitat de Barcelona (UB) en 2016, especializándose en física teórica. Posteriormente, realizou un Máster en Astrofísica, Física de Partículas e Cosmoloxía na UB, cun traballo de máster sobre o experimento LHCb. Logo continuou cos seus estudos de doutoramento (2017-2022) en Física de Partículas na Universidade de Warwick (Reino Unido). O seu traballo gañou o Premio Springer Thesis pola súa sobresaliente investigación.

Tras o seu doutoramento na Universidade de Warwick, Arnau uniuse ao grupo de LHCb no Igfae en 2022 para seguir traballando no experimento LHCb, primeiro como investigador postdoctoral e máis tarde como investigador Juan de la Cierva. Pasou a integrar o grupo de Lepton Flavour Universality do Igfae, cun papel de liderado, relata o Instituto no comunicado. Por todo iso, o Igfae transmite o seu pesar e condolencias á súa nai, Mercè; ao seu irmán, David; ao seu tío e á súa tía. “As súas moitas amizades no instituto e o experimento LHCb botarán moito de menos a súa calidez, amabilidade, dedicación, intelixencia e capacidade”, subliña.

INVESTIGACIÓN

Un particular avisou do suceso, sobre as 20.15 horas do 17 de xuño, ao 112 Galicia. Expuña que o mozo se precipitou cando estaba a practicar escalada nun centro de lecer. Ata este establecemento situado no polígono de Costa Vella, na rúa República Checa, desprazouse o helicóptero con base medicalizada en Compostela.

Os membros da Policía Local desprazados ata onde se produciu o accidente detallaron que a persoa sufrira unha caída desde uns oito metros de altura. Pola súa banda, fontes próximas á investigación explicaban que ata o lugar desprazáronse membros da Policía científica e xudicial, con dilixencias abertas e análises de probas. Así, había hipóteses abertas como un fallo no cable de suxeición.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...