InicioSUCESOSFeridas dúas persoas tras unha saída de vía en Santiago

Feridas dúas persoas tras unha saída de vía en Santiago

Do suceso produciuse minutos antes das 12.00 horas deste domingo

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas tras unha saída de vía na AG-56, no quilómetro 0, ao seu paso por Santiago. Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos antes das 12.00 horas deste domingo e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

A central de emerxencias deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Santiago, Policía Local, Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

Unha vez no punto, os Bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para poder liberar ao ocupante do turismo. O ferido foi trasladado ao hospital de referencia, igual que outro dos implicados.

OUTRO ACCIDENTE EN SANTIAGO

Por outra banda, sobre as 12.30 horas deste domingo na AG-56 en Santiago un vehículo chocou contra outro o que provocou que envorcase e queda sobre a mediana.

A alerta deuna o ocupante dun do vehículo que indicou que todos estaban ilesos, pero que o coche empezaba a botar fume. Ningunha das peronas tivo que ser excarcerada, pero si que houbo feridos de carácter leve.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...