InicioPOLÍTICASumar apoia a regulación estrita de pisos turísticos e tendas de souvenirs...

Sumar apoia a regulación estrita de pisos turísticos e tendas de souvenirs en Santiago

A formación política critica a inacción do PP e a incongruencia do PSdeG

Publicado o

Xornal de Compostela

Sumar Terras de Compostela anunciou o seu apoio ás medidas tomadas polo goberno local para ilegalizar os pisos turísticos sen licenza e paralizar as licenzas para novos locais turísticos no Casco Histórico. Segundo a formación, estas accións son cruciais para fomentar o comercio de proximidade e garantir que a poboación local poida seguir formando parte do tecido social da cidade.

“Non se pode permitir que persoas que vulneran a normativa local se beneficien economicamente en detrimento das que respectan a lexislación”, afirman dende o partido. A formación sostén que a vivenda debe ser considerada un dereito e non “un negocio dunhas poucas persoas”, e urxe afrontar con valentía a problemática social derivada da falta de vivenda accesible en Compostela.

Ademais, Sumar Terras de Compostela criticou o que considera unha incoherencia na postura do secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, acusándoo de “facerlle o xogo” ao Partido Popular e de priorizar loitas de poder internas por encima dos intereses dos cidadáns de Compostela. A formación tamén condenou a falta de acción por parte do PP ante o desborde turístico e a perda de habitantes, que está a xerar un crecente malestar social.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here