InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAInvestigada unha persoa por un incendio forestal en Val do Dubra que...

Investigada unha persoa por un incendio forestal en Val do Dubra que queimou catro hectáreas

O lume, iniciado durante traballos agroforestais, produciuse por falta de medidas de seguridade adecuadas

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Unha persoa foi investigada en relación cun incendio forestal que comezou o pasado 5 de xuño en Val do Dubra e se estendeu ata Santa Comba, queimando catro hectáreas de monte arboledo. O incendio iniciouse durante a realización de traballos agroforestais con un tractor rozadora, sen as medidas de seguridade necesarias.

A Consellería de Presidencia informou que a investigación foi levada a cabo polo Grupo de Investigacións de Incendios da Policía Autonómica en Santiago e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural. Descubriuse que a fricción do apeiro coas pedras do terreo foi a causa do lume na vexetación.

A persoa responsable dos traballos agroforestais foi tomada declaración como investigada e as dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ordes.

Ata a data, a Policía Autonómica investigou a sete persoas como presuntas autoras de incendios forestais durante este ano. A Xunta de Galicia continúa apelando á concienciación e á prudencia para evitar máis incendios e lembra que está dispoñible o número gratuíto 085 para reportar calquera incendio forestal, así como un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: 900 815 085.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Val do Dubra acolle unha nova edición das Feiras de Abril con presenza institucional e ampla participación local

O concello de Val do Dubra iniciou esta mañá unha nova edición das Feiras...

A Real Academia Galega convida á veciñanza de Val do Dubra a preservar a microtoponimia local a través de Galicia Nomeada

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á...

O Goberno activa o Bono Cultural Xove 2025 e estima que 1.500 mozos da comarca de Santiago poderán beneficiarse

O Goberno de España puxo en marcha a edición 2025 do Bono Cultural Xove,...