InicioCULTURACompostela acolle a VI Edición do FunFunFun, unha cita clave para a...

Compostela acolle a VI Edición do FunFunFun, unha cita clave para a autoedición e banda deseñada independente

Xornadas académicas e obradoiros creativos destacan nunha semana de cultura gráfica e intercambio artístico

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela prepara o escenario para a VI Edición do FunFunFun, un evento que se consolidou como unha das referencias da primavera na área da autoedición e banda deseñada independente. O festival, que terá lugar os días 4 e 8 de xuño, congregará a creadores e artistas gráficos nunha feira de fanzines e outras manifestacións da autoedición.

O primeiro día, 4 de xuño, estará dedicado ás FUNkadémicas, xornadas que se desenvolverán na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Este espazo de reflexión contará con palestras e mesas de debate sobre fanzines e autoedición, con ponentes da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade do Porto. As discusións explorarán as dinámicas dos colectivos independentes e o intercambio de producións gráficas entre Galiza e Portugal, unha colaboración que xorde do grupo de investigación IDEAHS do Departamento de Historia da Arte da USC.

O 8 de xuño, as actividades arrincarán ás 10:00 horas co FunFunLab, outra das novidades desta edición. Serán impartidos tres obradoiros creativos: un de gráfica por Dani Xove e Maru Astray, un obradoiro de fotografía estenopeica a cargo do Club de Foto da Facultade de Ciencias da Comunicación, e un Retiro Audiovisual Exprés por Bruno Arias. Os interesados en participar nestes talleres deben inscribirse previamente no correo electrónico funfunlabs@funfunfun.gal.

Ademais, ao longo do día, os asistentes poderán visitar a feira de fanzines, onde diversos autores, autoras e colectivos exhibirán e venderán as súas obras. O evento estará amenizado por sesións de DJ con Ningún Dj pola mañá e Meriwlson pola tarde. Ás 14:00 horas, terá lugar a performance-presentación do fanzine El Delicioso por Maru Astray e Cibrán, seguida da Perfomance Lobopoética de Benxa Otero e Neves Rodríguez ás 17:00 horas.

O festival pechará ás 23:00 horas no bar Camalea coa picada de Pídechas o Corpo (DJ´s). Todas as actividades son de acceso gratuito e pódense consultar en detalle na páxina web do evento: www.funfunfun.gal.

ÚLTIMAS

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here