InicioSUCESOSDous feridos graves tras chocar o seu coche contra a mediana da...

Dous feridos graves tras chocar o seu coche contra a mediana da A-54 á altura de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Dous irmáns de 34 e 38 anos de idade, E.J.N.I e G.N.I., resultaron feridos graves nas últimas horas ao chocar o coche no que viaxaban contra a medianeira da autovía A-54, no termo municipal de Santiago, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do 061.

sinistro ocorreu sobre as 22,00 horas deste domingo e foron particulares os que alertaron a Emerxencias de que un coche acababa de chocar contra a medianeira da autovía, á altura do quilómetro 88 no Carballal.

As testemuñas explicaron que os ocupantes do coche accidente non estaban atrapados, pero necesitaban asistencia sanitaria. O CIAE 112 sinalou que, como consecuencia do impacto, o vehículo acabou nos carrís contrarios da autovía. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado e unha ambulancia de soporte vital básico. Os dous ocupantes do coche foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...