InicioSUCESOSUn choque na AC-250 entre un camión que transportaba leite e un...

Un choque na AC-250 entre un camión que transportaba leite e un coche sáldase sen feridos

O camión, no que viaxaban dúas persoas, saíuse da vía e caeu por un desnivel e o turismo presentaba "bastantes danos"

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha colisión na AC-250, ao seu paso pola parroquia de Carballal, entre un camión que transportaba leite e un turismo saldouse sen persoas feridas. Segundo informaron fontes do 112, o suceso produciuse ás 14.15 horas deste venres, no quilómetro catro da devandita vía, e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

O camión, no que viaxaban dúas persoas, saíuse da vía e caeu por un desnivel e o turismo presentaba “bastantes danos”. Con todo, todas as persoas estaban liberadas e ningunha tivo que ser trasladada. Ata o punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local, os Bombeiros de Santiago e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...