InicioSANTIAGOXornadas de portas abertas do Arquivo da Catedral de Santiago do 4...

Xornadas de portas abertas do Arquivo da Catedral de Santiago do 4 ao 7 de xuño

Será necesario facer reserva para visitar o arquivo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Arquivo da Catedral de Santiago celebrará unhas xornadas de portas abertas do 4 ao 7 de xuño para que calquera cidadán poida acceder e coñecer directamente os espazos e o seu funcionamento.

Esta actividade desenvólvese no marco da celebración do Día Internacional dos Arquivos, que é o 9 de xuño, coa que se conmemora a creación do Consello Internacional de Arquivos en tal día do ano 1948.

As visitas realizaranse ás 10,30 e ás 18,00 horas, a duración de cada unha é de 60 minutos aproximadamente e en grupos de ata 15 persoas. Ademais, é imprescindible realizar unha reserva previa.

As visitas constarán dun percorrido explicativo polas estancias do Arquivo e Biblioteca, con acceso non só á área pública senón tamén ás salas de catalogación e aos depósitos bibliográficos e archivísticos, onde se custodia o valioso patrimonio documental da Catedral, incluíndo a Sala Capitular e a Biblioteca Histórica Capitular.

Na Sala López Ferreiro poderán apreciar tres documentos orixinais dos máis representativos do Arquivo: o Códice Calixtino, o Tombo A e o Breviario de Miranda.

Na Biblioteca Capitular visitarase a exposición “Eu oin à meus abòs: Escrita galega nos cregos dá catedral compostelá” con motivo do Día das Letras Galegas. Os documentos permanecerán expostos desde o día 17 de maio ata o día 9 de xuño.

ÚLTIMAS

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...