InicioPOLÍTICAAlfonso Rueda destaca o impacto internacional do festival O Son do Camiño

Alfonso Rueda destaca o impacto internacional do festival O Son do Camiño

O presidente da Xunta resalta a contribución do festival á proxección da marca Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou que o festival O Son do Camiño, que este xoves inicia a súa quinta edición, permite situar a Galicia “no top da música europea e internacional” e constitúe unha cita que contribúe a levar “a marca Galicia” —vinculada ao Xacobeo— por todo o mundo.

Rueda visitou este mediodía as instalacións do Monte do Gozo, onde se celebrará este certame que reunirá a 40.000 asistentes entre mañá e o vindeiro sábado.

Nas distintas xornadas, actuarán artistas como Green Day, Love of Lesbian, Baiuca, Pet Shop Boys, Melendi, Ana Mena, Myke Towers, J Balvin ou Thirty Seconds to Mars.

O titular do Goberno galego fixo fincapé na importancia deste festival á hora de atraer visitantes á comunidade, o que se reflicte nunha elevada taxa de ocupación hoteleira.

“Son tres días para gozar e nos que Galicia vai estar posta no mapa a través da música”, concluíu.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...