InicioCULTURARTVE retransmitirá O Son do Camiño en directo

RTVE retransmitirá O Son do Camiño en directo

O festival galego reforza a súa relevancia coa retransmisión de sete concertos en YouTube

Publicado o

Xornal de Compostela

O Son Do Camiño consolídase como o festival máis destacado de Galicia e un dos máis importantes de España, sendo o único que será retrasmitido de xeito oficial por Televisión Española. A cadea pública anunciou que La2 transmitirá en directo o esperado concerto dos Pet Shop Boys, engadindo un novo valor ao festival galego.

O concerto dos Pet Shop Boys será retransmitido este venres 31 de maio ás 23:00, cunha duración de 1 hora e 40 minutos. Ademais desta retransmisión na TV pública, o festival emitirá sete concertos a través da súa canle de YouTube O Son Do Camiño TV. Estas retransmisións contan co respaldo cultural da Xunta de Galicia, Xacobeo e Estrella Galicia, patrocinadores principais destas emisións.

O Son Do Camiño celebrarase en Santiago os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño, marcando o punto culminante do calendario musical galego. Cos abonos xerais e as entradas para o xoves e sábado xa esgotados, actualmente están dispoñibles as últimas entradas para o venres, así como as últimas opcións para a zona de descanso e glamping.

O cartel deste ano inclúe máis de 40 artistas internacionais de primeiro nivel, destacando nomes como Green Day, J Balvin, Thirty Seconds To Mars, Myke Towers, Melendi, Pet Shop Boys, Rels B, Ana Mena e La Oreja de Van Gogh, entre outros. Unha das grandes novidades desta edición é o desenvolvemento e crecemento do terceiro escenario: Escenario Son Electro By Repsol. Dedicado exclusivamente á música electrónica, este novo espazo promete unha programación excepcional con artistas de renome internacional como Trym, Vitalic (Live), Patrick Mason, Tiga, Henrick Schwarz e Kalte Liebe, Ben Hemsley, Daria Kolosova, entre outros.

O Son Do Camiño é un festival creado por e para Galicia, promovido polas empresas galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, co apoio activo da Xunta de Galicia e o Xacobeo. Dende a súa primeira edición en 2018, o festival converteu a Santiago nunha das capitais da música en directo en Europa cada mes de xuño.

O Son Do Camiño 2024 contará de novo con Estrella Galicia como principal patrocinador privado. A empresa de cervexa leva colaborando co festival dende a súa primeira edición, sendo xa, como marca galega, parte da experiencia do mesmo. Aposta pola cultura da cervexa dentro de O Son Do Camiño sento unha peza clave na experiencia do mesmo.

O Son Do Camiño 2024 incorpora nesta edición a Repsol como partner multienerxía co obxectivo de reducir as emisións de dióxido de carbono do festival: a compañía subministrará combustible 100% renovable para os grupos electróxenos do escenario Son Electro by Repsol e montará unha instalación na que, a través de enerxía solar, os asistentes poderán vivir unha experiencia recreativa e cargar os seus dispositivos móbiles.

Pola súa banda a cooperativa social Mulleres Colleiteiras recollerá o aceite de cociña usado nos foodtrucks para que a compañía multienerxética fabrique con eles combustible renovable, fomentando así a economía circular.

ÚLTIMAS

A USC abre as urnas virtuais e elixirá hoxe á primeira reitora da súa historia

A Universidade de Santiago de Compostela vén de abrir esta mañá, por segunda vez,...

O PSdeG reclama mobilizar vivenda baleira e ampliar o parque público ante a solicitude de declarar Santiago mercado residencial tensionado

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou reforzar as políticas públicas de vivenda e...

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

A Xunta apraza ata o xoves o desvío do tráfico para a montaxe da pasarela da senda Milladoiro-Intermodal

A Consellería de Infraestruturas anunciou un cambio na planificación das obras da nova senda...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

Fotowalk Galicia organiza en Santiago un obradoiro de fotografía de rúa centrado na narrativa visual

A comunidade fotográfica Fotowalk Galicia celebrará en Santiago de Compostela un novo obradoiro formativo...

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre en Santiago a súa XXI edición con cinema, creación e reflexión arredor do real

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) inaugura este martes...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here