InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Pazo de Xelmírez exhibe dende hoxe réplicas de instrumentos medievais do...

O Pazo de Xelmírez exhibe dende hoxe réplicas de instrumentos medievais do Pórtico da Gloria

A mostra inclúe arpas, fídulas, laúdes e o organistrum, con códigos QR para escoitar os sons

Publicado o

Xornal de Compostela

Desde hoxe, no Pazo de Xelmírez pode verse unha pequena exposición que mostra varias réplicas dos instrumentos musicais que están representados no Pórtico da Gloria. Trátase dos instrumentos que portan os anciáns que o Mestre Mateo esculpiu para a gran arquivolta central do Pórtico e que reproduciron con exactitude os que se utilizaban na época. Esta perfección á hora de representalos permitiu o seu estudo, así como a recuperación da música medieval da catedral compostelá.

En este sentido, nas últimas décadas do século XX, a Fundación Barrié impulsou un proxecto de investigación que correu a cargo dos profesores López Calo e Villanueva Abelairas, da USC, que culminou nunha publicación e, a continuación, na realización do proxecto de reconstrución en madeira dos instrumentos representados no Pórtico da Gloria, parte dos cales se expoñen agora no Museo Catedral. Estes instrumentos foron utilizados, desde entón, en varios concertos de música medieval da catedral compostelá.

Os instrumentos exponse na antiga cociña do Pazo de Xelmírez e pódense visitar como parte do percorrido do museo catedralicio. Entre outros, exponse arpas, fídulas e laúdes, ademais do famoso organistrum. Un código QR permite profundizar na súa historia, así como escoitar os seus sons.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here