InicioPOLÍTICASindo Guinarte agarda unha participación histórica nas eleccións tras compartir un almorzo...

Sindo Guinarte agarda unha participación histórica nas eleccións tras compartir un almorzo coa militancia socialista de Santiago

O candidato do PSOE ao Senado iniciou a xornada de reflexión acompañado de membros da agrupación compostelá e da candidata ao Congreso pola Coruña, Ana Alvite

Publicado o

Xornal de Compostela

A agrupación socialista de Santiago de Compostela iniciou este sábado a xornada de reflexión cun almorzo entre militantes e representantes do partido, no que participaron o candidato ao Senado, Sindo Guinarte, e a número tres da candidatura do PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, Ana Albite. Ao encontro tamén acudiron outros membros da formación socialista, entre eles Marta Abal, Aitor Bouza, Patricia Otero e Pedro Blanco.

A cita serviu para compartir impresións sobre o desenvolvemento das últimas semanas de campaña electoral e agradecer o traballo realizado polas persoas que integran a agrupación compostelá durante este período.

En declaracións aos medios de comunicación, Guinarte trasladou a súa confianza en que a mobilización da cidadanía se traduza nunha elevada participación nas urnas este domingo, 29 de novembro. O candidato socialista incidiu na importancia da implicación da sociedade nos procesos electorais como mecanismo para garantir a representatividade democrática.

“Canta máis participación obviamente mellor se reflicte a realidade social”, sinalou Guinarte, quen considera que a afluencia ás urnas podería alcanzar cifras históricas nesta convocatoria electoral.

Durante o almorzo, tanto Guinarte como Albite trasladaron tamén o seu agradecemento á militancia socialista compostelá polo compromiso, o esforzo e a dedicación ao longo da campaña, na que desenvolveron diferentes actividades dirixidas a mobilizar o electorado.

Tras este encontro cos membros da agrupación, o candidato á Cámara Alta explicou que dedicará o resto da xornada de reflexión a estar coa súa familia. Guinarte tamén expresou o seu desexo de que as condicións meteorolóxicas melloren de cara ao domingo e contribúan a facilitar os desprazamentos aos colexios electorais.

ÚLTIMAS

O BNG comparte un café coa militancia en Santiago durante a xornada de reflexión

A Casa do Taberneiro en Compostela foi o lugar escollido polo BNG para reunir...

A USC investigará a compatibilidade de novos biomateriais co sangue para o seu uso sanitario

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverá unha investigación destinada a determinar como...

Compostela reunirá alumnado de fotografía e audiovisual de toda Galicia na terceira edición de ‘Enfócate’

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro mércores, 2 de...

Santiago esixe a Tralusa restablecer o servizo de autobuses tras detectar seis vehículos retirados pola nova rotulación

O Concello de Santiago iniciou actuacións administrativas contra a actual concesionaria do transporte urbano,...

O BNG comparte un café coa militancia en Santiago durante a xornada de reflexión

A Casa do Taberneiro en Compostela foi o lugar escollido polo BNG para reunir...

Besteiro apela en Santiago á mobilización do electorado socialista para conseguir un terceiro escano pola Coruña

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a última xornada da...

Muíños cuestiona a xestión do Concello de Santiago ante os recortes de frecuencias no transporte urbano

O concelleiro non adscrito do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, cuestionou este venres a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here