InicioSUCESOSUn incendio nunha campá extractora nun piso en Santiago mobiliza aos bombeiros

Un incendio nunha campá extractora nun piso en Santiago mobiliza aos bombeiros

Segundo se puido confirmar, o lume non deixou persoas afectadas

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Bombeiros de Santiago traballan na extinción dun lume que se iniciou nunha campá extractora nun piso situado no número 19 da rúa do Hórreo, na capital galega.

Segundo as fontes consultadas, a incidencia produciuse pasadas as 12:45 deste domingo nun domicilio do sexto piso deste edificio.

Os bombeiros confirmaron que non hai persoas afectadas e esperan avaliar a situación no interior para poder acceder. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local compostelá e da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...