InicioPOLÍTICAVerea propón reforzar a atención ás vítimas de violencia machista e impulsar...

Verea propón reforzar a atención ás vítimas de violencia machista e impulsar a prevención nas aulas de Santiago

O líder do PP compostelán visitou o Centro de Crise 24 Horas para Mulleres, onde defendeu unha maior coordinación entre o Concello e a Xunta de Galicia para facilitar o acceso aos recursos especializado

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, presentou unha serie de propostas orientadas a mellorar a atención ás vítimas de violencia machista na capital galega, así como a ampliar as iniciativas de prevención entre a poboación infantil e adolescente. O popular trasladou estes compromisos durante unha visita ao Centro de Crise 24 Horas para Mulleres, na que estivo acompañado polo director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.

Durante o encontro, Verea coñeceu o funcionamento deste recurso especializado na atención ás vítimas de violencia sexual, así como o labor que desenvolven os profesionais encargados de prestar asistencia e acompañamento ás usuarias. O representante popular incidiu na necesidade de incrementar a implicación da administración municipal para garantir que as mulleres poidan acceder aos mecanismos de protección existentes.

“Cando unha muller sofre violencia, o último que necesita é atopar obstáculos para pedir axuda. As administracións temos a responsabilidade de estar ao seu lado, facilitarlles todos os recursos e acompañalas durante todo o proceso”, sinalou.

Entre as medidas formuladas polo PP compostelán figura o reforzo do Centro de Información á Muller (CIM), mediante a incorporación dos recursos humanos e técnicos necesarios para atender as necesidades das usuarias. A formación tamén aposta por establecer unha maior coordinación entre os servizos municipais e autonómicos, co obxectivo de facilitar o acceso ao asesoramento, á protección e ao acompañamento especializado.

Outra das propostas sitúa o foco no ámbito educativo. Verea comprometeuse a promover programas de prevención da violencia de xénero nos centros de Educación Primaria e Secundaria de Compostela, a través da creación dun equipo interdisciplinar que desenvolva o seu traballo en colaboración coa comunidade educativa.

“A loita contra a violencia machista tamén empeza nas aulas. Temos que educar no respecto, na igualdade e na prevención desde as primeiras idades. E iso require traballo constante, non só campañas nunha data sinalada”, afirmou.

O dirixente popular recuperou, ademais, a súa proposta de desenvolver programas formativos destinados ás mulleres que presentan maiores dificultades de incorporación ao mercado laboral. Con esta medida, Verea defende favorecer a súa autonomía económica mediante iniciativas específicas de formación.

No relativo á colaboración institucional, o líder do PP local reivindicou o papel dos recursos postos en marcha pola Xunta de Galicia e reclamou unha participación activa do Concello de Santiago na difusión destes servizos e na orientación das posibles usuarias. Segundo sostivo, a existencia de centros especializados debe complementarse cunha actuación municipal que facilite o acceso das vítimas á rede de asistencia.

“O noso compromiso é que ningunha muller de Santiago que necesite axuda se sinta soa nin desatendida. Queremos un Concello que saiba escoitar, que responda e que estea á altura cando máis se necesita”, concluíu Verea.

ÚLTIMAS

O movemento feminista de Compostela convoca unha manifestación unitaria contra as violencias machistas polo 25N

O movemento feminista de Compostela volverá saír ás rúas este mércores, 25 de novembro,...

Santiago acolle a presentación de ‘Camiño Kaput’, un videoxogo que satiriza o turismo masivo

O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá este mércores, 25 de novembro,...

Ames conmemora o 25N con xornadas sobre a machosfera e actividades de igualdade nos centros educativos

O Concello de Ames desenvolverá entre o 25 e o 30 de novembro diferentes...

Santiago adxudica a nova iluminación de Praterías

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 23 de...

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Pedro Sánchez reúne 10.000 persoas en Santiago e apela ao voto feminino para defender os dereitos sociais o 29N

O presidente do Goberno e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, reuniu este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here