InicioMOV. SOCIAISMarc Marginedas: "O meu secuestro reforzou a miña vocación de xornalista"

Marc Marginedas: “O meu secuestro reforzou a miña vocación de xornalista”

Publicado o

Xornal de Compostela

A propaganda converteuse nun dos principais instrumentos de influencia internacional do Kremlin. Así o sostén o xornalista Marc Marginedas, que este pasado xoves, 19 de novembro, presentou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o seu libro Rusia contra el mundo, unha investigación sobre o funcionamento do réxime de Vladimir Putin e os mecanismos empregados para intervir no debate político doutros países.

Nunha entrevista con Xornal de Compostela, o antigo correspondente en Rusia e Siria explica que o sistema político ruso non responde ás divisións ideolóxicas tradicionais. “Rusia non é un país nin de esquerdas nin de dereitas”, afirma, recuperando a definición do opositor Garry Kasparov, que describe o réxime como “unha mafia de diñeiro e poder”.

Segundo Marginedas, o Kremlin adapta as súas mensaxes aos diferentes públicos internacionais, achegándose á ultradereita mediante discursos conservadores e á esquerda a través de posicións antiamericanas. Esta estratexia permite ampliar a súa influencia a pesar das limitacións económicas e militares do país.

A DESINFORMACIÓN COMO ARMA POLÍTICA

O xornalista identifica a cadea RT como un exemplo desta capacidade de adaptación. Mentres as súas emisións en varios idiomas europeos incorporan discursos próximos á ultradereita, a versión en español apostou por mensaxes antisistema.

Marginedas considera que o principal obxectivo destas campañas é debilitar a confianza nas institucións democráticas e cuestionar a Unión Europea, aproveitando conflitos políticos e preocupacións sociais xa existentes.

Como exemplo menciona a crise independentista de Cataluña de 2017, durante a cal, segundo explica, medios rusos e contas automatizadas contribuíron a difundir relatos que magnificaban a violencia. Tamén sinala as operacións de influencia nas eleccións estadounidenses de 2016, ás que atribúe un papel relevante na primeira vitoria de Donald Trump.

Con todo, distingue entre a existencia de problemas internos e a súa utilización con fins desestabilizadores. Neste sentido, menciona a crise da vivenda en España e cuestiona as explicacións que a vinculan exclusivamente co gasto militar, sen atender a outros factores como a construción ou a especulación.

O XORNALISMO COMO RESPOSTA

Ante estas estratexias, Marginedas defende a importancia do traballo informativo. Considera que España mostrou unha maior resistencia á propaganda rusa que outros países europeos, en parte polo consenso político arredor da guerra de Ucraína e polo labor dos correspondentes que coñecen o funcionamento do Kremlin.

“Unha vez que o expós, limítaslle moitísimo a capacidade de actuación”, sinala sobre a necesidade de investigar e explicar publicamente os mecanismos de manipulación.

O autor tamén destaca a capacidade de sociedades como a ucraína, a polaca ou as dos países bálticos para identificar campañas de desinformación tras anos de exposición a elas.

UN LIBRO NACIDO DO SEU SECUESTRO EN SIRIA

A investigación ten a súa orixe na experiencia persoal de Marginedas durante a guerra de Siria, onde foi secuestrado mentres exercía como correspondente. O xornalista asegura que aquel episodio reforzou a súa vocación e lle permitiu coñecer o funcionamento interno dos grupos xihadistas.

Durante o cativerio, un encontro cun combatente de fala rusa espertou as súas sospeitas sobre posibles conexións entre determinados grupos armados e estruturas de intelixencia. Aquelas preguntas levárono a investigar o papel de Moscova no conflito sirio.

“Pensaba que a resposta ao meu secuestro non estaba no norte de Siria, estaba en Rusia“, explica.

Con Rusia contra el mundo, Marginedas pretende ofrecer unha visión do Kremlin que vai máis alá da represión política e incorpora o papel dos servizos secretos, a propaganda e as posibles relacións con organizacións violentas.

“Dicir que Rusia é unha ditadura é quedarse co 10% da realidade“, conclúe o xornalista, que sitúa a investigación e o contraste informativo como ferramentas fundamentais para comprender estas dinámicas de poder.

ÚLTIMAS

Santiago estrea a credencial especial do Xacobeo 2027: xa está dispoñible para os peregrinos

A Oficina de Acollida ao Peregrino presentou este venres, 20 de novembro, a Credencial...

Mediaset retransmitirá as badaladas de Fin de Ano desde a Praza do Obradoiro con Ión Aramendi e María Lamela

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela será o escenario elixido por Mediaset...

Unha vintena de estudantes mobilízanse en Santiago contra o gasto militar e en defensa do ensino público

Unha vintena de estudantes concentráronse este venres en Santiago de Compostela para reclamar un...

A Xunta atribúe ao Concello de Santiago a responsabilidade do mantemento da senda ao Milladoiro

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago manteñen diferentes posicións sobre quen...

Unha vintena de estudantes mobilízanse en Santiago contra o gasto militar e en defensa do ensino público

Unha vintena de estudantes concentráronse este venres en Santiago de Compostela para reclamar un...

O persoal contra incendios maniféstase en Santiago para reclamar melloras salariais e laborais á Xunta

O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) mobilizouse este...

Máis de 1.000 sinaturas reclaman en Santiago que a avenida Juan Carlos I pase a chamarse Avenida de Gaza

Diversas organizacións sociais e plataformas de solidariedade con Palestina formalizaron este mércores, 18 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here