InicioSOCIEDADEO loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello suspende a cita gratuíta prevista para este xoves na Sala Capitol e busca unha nova data. André GS ofrecerá esta noite un concerto alternativo na Sala REM para compensar a quen se desprazase expresamente

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este xoves, 29 de outubro, na Sala Capitol, co obxectivo de respectar o loito oficial decretado polo Goberno polo accidente ferroviario de Urda (Toledo), que se prolongará ata o sábado. Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas no marco dos orzamentos participativos municipais, a través dos cales a mocidade compostelá decide o destino de 100.000 euros. O departamento de Xuventude xa traballa na procura dunha nova data para a celebración deste evento gratuíto, no que tamén está prevista a participación de André GS e Queen Rendi.

O propio Kid Mount compartiu a noticia nas súas redes sociais e trasladou o seu pésame ás vítimas do accidente e ás súas familias. Tamén expresaron as súas condolencias Queen Rendi e André GS. Este último, con todo, anunciou que ofrecerá un concerto gratuíto esta mesma noite na Sala REM, co obxectivo de compensar as persoas que se desprazaran expresamente ata Santiago para velo.

En canto ás entradas, o Concello confirmou que os pases entregados para o concerto da Sala Capitol seguirán sendo válidos para a nova data, polo que pediu ás persoas que xa os conseguisen que os conserven. As entradas eran gratuítas e puideron retirarse durante os últimos días en diferentes centros socioculturais da cidade. A nova data do concerto aínda está pendente de concretarse.

ÚLTIMAS

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

Traballadores de Renfe gardan cinco minutos de silencio na estación de Santiago polas vítimas do accidente de Toledo

A estación de ferrocarril de Santiago de Compostela acolleu este xoves, 29 de outubro,...

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...

A Libraría Dixital da USC supera o millón de visitas e o seu portal de revistas alcanza os sete millóns de descargas

A Universidade de Santiago de Compostela rexistrou no que vai de 2026 máis dun millón...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

O Premio Literario San Clemente recoñece as novelas de Nerea Pallares, Andrés Neuman e Hugo Gonçalves na súa XXX edición

O Premio Literario San Clemente, organizado baixo a coordinación do IES Rosalía de Castro...

O Ateneo de Santiago pecha este sábado o prazo para participar no Premio Alfredo Vicenti 2026

O Ateneo de Santiago manterá aberto ata este sábado 31 de outubro, ás 20:00,...