InicioSANTIAGOAparece unha xanela románica na Catedral de Santiago despois dunhas obras de...

Aparece unha xanela románica na Catedral de Santiago despois dunhas obras de rehabilitación

Os técnicos explicaron que a xanela románica estaba detrás do retablo e quedou accesible tras o seu desmonte no proceso de rehabilitación

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha xanela románica foi achada na Capela do Salvador da Catedral de Santiago de Compostela durante as obras de rehabilitación que impulsa a Xunta en colaboración coa Fundación da basílica.

O descubrimento, do que informou o Goberno galego nun comunicado, foi visitado este martes polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita co arcebispo, José Prieto, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, ás actuacións.

No percorrido polas obras que levan a cabo tanto na capela do Salvador como de San Bartolomé, os técnicos explicaron que a xanela románica estaba detrás do retablo e quedou accesible tras o seu desmonte no proceso de rehabilitación.

Ademais, as actuacións que se están levando a cabo nestes espazos, incluídas no convenio de colaboración coa Fundación Catedral, están a permitir recuperar as pinturas murais e os relevos pétreos e supoñen, no seu conxunto, un investimento de 250.000 euros.

Neste sentido, o responsable autonómico de Cultura puxo en valor a importancia da colaboración con entidades como a Fundación Catedral para levar a cabo actuacións tan complexas como estas que garanten que “un dos maiores tesouros de todos os galegos sexa legado ás próximas xeracións nas mellores condicións” ademais de ampliar o coñecemento que temos sobre este monumento.

Nesta mesma liña, o conselleiro lembrou “o firme compromiso que o Goberno galego mantén desde o ano 2009 coa conservación desta basílica” na que, co apoio da Xunta de Galicia, levaron a cabo distintas intervencións nas fachadas, torres ou cubertas. Trátase dun compromiso que, tal e como destacou, continúa vixente co Plan Catedrais de Galicia, a folla de ruta dotada con 38 millóns de euros para actuar nos grandes templos galegos co horizonte de 2027.

No marco deste plan, ademais das intervencións que están en marcha nas capelas absidais do Salvador e San Bartolomé, tamén está previsto destinar, este 2024, 350.000 euros para a posta en valor da capela do Cristo de Burgos, intervencións que abarcan a fachada ao patio de Xelmírez e o proxecto de restauración do interior da capela.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...