InicioSANTIAGOCascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de cascudas no servizo de cociña do Hospital Clínico Universitario de Santiago e pídelle á Xerencia que adopte “inmediatamente” medidas efectivas para controlar a situación.

Segundo relatan nun comunicado, o pasado 4 de setembro notificouse a aparición do insecto na comida dun paciente, un episodio que cualifican de “intolerable” e que, aseguran, “compromete a seguridade alimentaria”.

Sinalan ademais que a presenza de cascudas no servizo de cociña xa se producira de maneira “esporádica”, pero durante o mes de agosto proliferaron, especialmente debaixo dos fornos e dos sumidoiros, na zona das máquinas de lavado. Destacan tamén que esta situación se comunicou polas canles oportunas. O sindicato sinala que, segundo os profesionais do servizo, unha empresa externa está a aplicar un produto en determinadas zonas, pero desaparece axiña debido á limpeza exhaustiva que se realiza diariamente na cociña.

QUE SE ESTÁ FACENDO

A delegada de prevención de CCOO e membro do comité de seguridade e saúde da área sanitaria de Santiago-Barbanza, Ana Riveiro Corrales, trasladoulle á Dirección de Recursos Humanos, á Unidade de Prevención de Riscos Laborais, ao comité de seguridade e saúde e á Dirección de Relacións Externas da área unha solicitude de información e de adopción de medidas.

En concreto, o sindicato reclama saber desde cando ten coñecemento a Dirección da presenza de cascudas na cociña, que medidas se adoptaron, que programa de control de pragas se está a aplicar e que instrucións estabelece a empresa responsable. Tamén pregunta se existe un programa continuo de vixilancia e control e por que non se están selando as fendas e minimizando as posibles vías de entrada destes insectos.

ÚLTIMAS

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Aitor Bouza reclama a Rueda medidas para evitar novos episodios de saturación nas Urxencias do CHUS

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, reclamou ao...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...