InicioSOCIEDADEA EGAP de Santiago acollerá este martes un seminario sobre intelixencia artificial...

A EGAP de Santiago acollerá este martes un seminario sobre intelixencia artificial con expertor de toda España

Profesores de secundaria debaterán sobre os desafíos e as oportunidades da tecnoloxía no ensino

Publicado o

Xornal de Compostela

Este martes 21 de maio, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) converterase no escenario do seminario ‘Transformación dixital e intelixencia artificial na educación‘. Organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Organización de Estados Iberoamericanos, o evento está dirixido a docentes de secundaria de diversas especialidades, con vistas a explorar os retos actuais que afrontan tanto profesores como estudantes.

O obxectivo principal do seminario é crear un espazo de debate sobre estratexias e modelos educativos innovadores que contribúan a pechar a brecha dixital e de aprendizaxe. As actividades iniciarán ás 09:30 coa presentación a cargo do xornalista Daniel Sousa e estenderanse durante toda a mañá.

A xornada contará coa participación de 14 expertos en intelixencia artificial e transformación dixital. Profesionais da educación e investigadores de España e Iberoamérica compartirán experiencias e perspectivas coa fin de xerar novas ideas aplicables en diversos contextos autonómicos.

PROGRAMA DO SEMINARIO

A primeira mesa de diálogo, titulada ‘Unha IA para todos ou todos para unha soa IA? IA, inclusión e o papel da tecnoloxía no aprendizaxe‘, comezará ás 09:45. Participarán a profesora Clara Cordeiro, a investigadora Eva Cernadas, a coordinadora Vanessa Lusa e a enxeñeira Beatriz Arias, quen discutirán sobre o impacto da IA na educación.

Posteriormente, ás 11:30, terá lugar a mesa ‘Non todo é IA: como saber se unha tecnoloxía serve na miña clase‘, coa participación de diversos expertos en educación e tecnoloxía que explorarán a aplicación práctica das novas tecnoloxías na aula.

Finalmente, ás 12:45, o catedrático Alberto José Bugarín ofrecerá a conferencia ‘De que falamos cando falamos de intelixencia artificial responsable?‘, seguido dunha última mesa de diálogo sobre o rol do docente na era da IA.

Ademais, o 28 de maio celebrarase unha conferencia en liña sobre ‘IA e ferramentas dixitais para ambientes innovadores de aprendizaxe‘, onde se tratarán temas como a aprendizaxe automática, metodoloxías activas e consideracións éticas na educación con intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se...